ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

Visita do Cardeal Quiroga Palacios a Pontevedra (1962)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.9.A003/040

  • Título Visita do Cardeal Quiroga Palacios a Pontevedra (1962)

  • Data(s) 1962 (Creación)

  • Volume e soporte 1 foto en positivo, papel

Área de contexto

  • Nome do produtor Rafael Vázquez(1915-2003) Rafael Vázquez González, mais coñecido como Rafa Vázquez, nace en Vigo o 30 de outubro de 1915, nunha familia de comerciantes, seus pais eran propietarios dunha pequena tenda de ultramarinos situada na rúa Sanjurjo Badía. A súa nenez pasa no barrio de Teis, onde finaliza os seus estudos primarios, comeza a traballar no negocio familiar ata que se declara a guerra civil . Debido as dificultades económicas derivadas da guerra vese obrigado a buscar unha nova actividade coa que poder subsistir. Será a súa relación de amizade co fotógrafo Alfredo Pintos a que o leve a buscar na fotografía un novo medio de vida. Nesta nova etapa profesional, desprazarase a Pontevedra onde retratará a súas rúas, prazas, xardíns e os monumentos máis representetivos. Nos seus primeiros anos como fotógrafo desenvolverá a súa actividade entre Vigo e Pontevedra, e outros lugares de Galicia, incluso chegou a fotografiar lugares de Extremadura co fotógrafo Pintos. A principios dos corenta decide abandonar o duro traballo de fotógrafo ambulante e instálase definitivamente como fotógrafo de rúa en Pontevedra. Instálase no número 4 da rúa de Santa María en compaña da súa esposa María, coa que tería un fillo, Rafael, que co tempo serguiría os pasos profesionais do seu pai.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Visita do Cardeal Quiroga Palacios a Pontevedra. Actos de Consagración de Santa María. Chegada ao templo do Cardeal Quiroga Palacios acompañado do Bispo Auxiliar Novoa Fuentes entre outros. Campillo de Santa María.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Rafael Vázquez (Tema) (Creador)

Área de control da descrición