Fondos
A008/036. Inauguración do Monumento ao Soldado (1986)
Inauguración do Monumento ao Soldado (1986)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.9.A008/036
Título Inauguración do Monumento ao Soldado (1986)
Data(s) 1986 (Creación)
Volume e soporte 1 foto en positivo, papel
Área de contexto
Nome do produtor Rafael Vázquez(1915-2003) Rafael Vázquez González, mais coñecido como Rafa Vázquez, nace en Vigo o 30 de outubro de 1915, nunha familia de comerciantes, seus pais eran propietarios dunha pequena tenda de ultramarinos situada na rúa Sanjurjo Badía. A súa nenez pasa no barrio de Teis, onde finaliza os seus estudos primarios, comeza a traballar no negocio familiar ata que se declara a guerra civil . Debido as dificultades económicas derivadas da guerra vese obrigado a buscar unha nova actividade coa que poder subsistir. Será a súa relación de amizade co fotógrafo Alfredo Pintos a que o leve a buscar na fotografía un novo medio de vida. Nesta nova etapa profesional, desprazarase a Pontevedra onde retratará a súas rúas, prazas, xardíns e os monumentos máis representetivos. Nos seus primeiros anos como fotógrafo desenvolverá a súa actividade entre Vigo e Pontevedra, e outros lugares de Galicia, incluso chegou a fotografiar lugares de Extremadura co fotógrafo Pintos. A principios dos corenta decide abandonar o duro traballo de fotógrafo ambulante e instálase definitivamente como fotógrafo de rúa en Pontevedra. Instálase no número 4 da rúa de Santa María en compaña da súa esposa María, coa que tería un fillo, Rafael, que co tempo serguiría os pasos profesionais do seu pai.
Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Inauguración do Monumento ao Soldado. Acto celebrado ante o edificio da Deputación. Vista de público asistente e celebración do acto en Gran Vía de Montero Ríos, tomada desde a Alameda, previsiblemente desde o Palco. Data: 1986/08/12 Localización: Gran Vía de Montero Ríos.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Rafael Vázquez (Tema) (Creador)