ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Expediente sesión de Pleno Ordinario 26/07/2018

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.1.1.5.19.228/1

  • Título Expediente sesión de Pleno Ordinario 26/07/2018

  • Data(s) 2018 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente. 250 páxinas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente sesión de Pleno Ordinario 26/07/2018. Asuntos: 1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior de data 28 de xuño de 2018. 2. Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía emitidos no mes de xuño de 2018. 3. Toma de coñecemento do informe do 2º trimestre 2018 de morosidade, ao abeiro do disposto na Lei 5/2010, de 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004 de 29 de decembro pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. 4. Comparecencia da Concelleira de Urbanismo (Dona Paola María Mochales) e do Concelleiro de Seguridade e Tráfico (D. Juan A, Pérez Callón) en relación coas obras da Praza de Galicia. 5. Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas. 6. Aprobación, se procede, do expediente nº 02/MSI/2018 de modificación de saldos iniciais de dereitos pendentes de cobro de exercicios pechados por prescrición. 7. Aprobación, se procede, do investimento plurianual "Renovación de barandillas no entorno de Vista Alegre 2ª Fase", subvencionado pola Deputación Provincial. 8. Ratificación, se procede, de aprobación realizada pola FPSDM da memoria de actividades deportivas levadas a cabo durante o ano 2017. 9. Aprobación inicial, se procede do Regulamento municipal das prazas de abastos. 10. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do BNG, relativa a modificación da Lei de Portos de Galicia. 11. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do BNG, para declarar persoas non gratas aos compoñentes da "manada". 12. Aprobación, se procede, da moción conxunta presentada polos grupos políticos municipais de Esquerda Unida-Son e Somos Maioría, para a declaración dos membros da "manada" como persoas non gratas neste concello. 13. Aprobación, se procede, da moción conxunta presentada polos grupos políticos municipais de Esquerda Unida-Son e Somos Maioría, para demandar a fin dos espectáculos tauromáquicos na provincia de Pontevedra e no territorio galego. 14. Interpelacións dos grupos políticos EU e Somos Maioría sobre o estado do paseo marítimo. 15. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia. 16. Rogos e preguntas. 17. Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición