Fondos
19.229/3. Expediente sesión de Pleno Ordinario 29/11/2018
Expediente sesión de Pleno Ordinario 29/11/2018
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.1.1.5.19.229/3
Título Expediente sesión de Pleno Ordinario 29/11/2018
Data(s) 2018 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente. 180 páxinas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expediente sesión de Pleno Ordinario 29/11/2018. Asuntos: 1. Aprobación, se procede, das actas das sesións anteriores de datas 25 de outubro e 16 de novembro de 2018. 2. Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía emitidos no mes de outubro de 2018. 3. Toma de coñecemento da renuncia presentada por D. Javier Ríos González ao cargo de Concelleiro. 4. Designación, se procede, dun representante municipal para formar parte do Consello Escolar do CEEPR BATA Os Mecos de Vilagarcía de Arousa. 5. Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas. 6. Aprobación, se procede, do expediente nº 06/CE/2018 de modificación de crédito por crédito extraordinario e nº 05/CF/2018 de cambio de finalidade de financiamento afectado (vivenda Dr. Tourón, nº 3 e outros). 7. Aprobación, se procede, da declaración das obras promovidas por Cáritas Diocesana, nunha vivenda unifamiliar situada en Carril, como de especial interese social. 8. Aprobación, se procede, da adhesión do concello de Vilagarcía de Arousa á Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega, así como dos seus Estatutos para a constitución e funcionamento da citada Asociación. 9. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo político municipal do BNG, sobre a reivindicación do 25 de novembro e a necesidade de meirandes recursos no ámbito local e xudicial para loitar contra a violencia machista. 10. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo político municipal do BNG sobre o sector eléctrico. 11. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo político municipal do BNG sobre o aniversario da Constitución. 12. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo político municipal de EU para que se derrogue o delito de inxurias á Coroa e para reafirmar o compromiso cos valores republicanos e a democracia. 13. Aprobación, se procede, da Moción presentada polos grupos políticos municipais de EU e Somos Maioría, para a redución do tránsito de vehículos pesados no centro de Vilagarcía de Arousa (Rosalía de Castro). 14. Interpelacións ou control das decisións do grupo de goberno. 15. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia. 16. Rogos e preguntas. 17. Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión.
Ãrea de notas
Nota