Fondos
1.1.3. Pleno
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36033.AM.MOS.2.ES.GA.36033.AM.MOS.2-.GF001.F0001.SF003
Título 1.1.3. Pleno
Data(s)
Volume e soporte
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Mos(1836-2015) O concello de Mos sitúase no val do río Louro, a carón dos concellos de Vigo, Redondela e Porriño. Conta cunha superficie total próxima ós 51 quilómetros cadrados nos que se distribúen as súas dez parroquias: Cela, Dornelas, Guizán, Louredo, Mos, Pereiras, Petelos, Sanguiñeda, Tameiga e Torroso. Tradicionalmente o concello incluíase no partido xudicial de Redondela, sendo agregado nas súas sucesivas desaparicións no de Vigo, Tui e finalmente no de Porriño. Este concello establécese constitucionalmente no ano 1836, non tendo nestes dous séculos variacións apreciables agás as referidas ós sucesivos cambios de capitalidade.
Institución arquivística Arquivo municipal de Mos
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Podemos atopar as seguintes series documentais:
.- Libro de actas do Pleno
O libro de actas é un documento formal, en papel oficial foliado, dilixenciado de apertura e peche, que recolle as transcricións oficiais, legais e auténticas das distintas sesións do Pleno do concello, asinadas alo menos polo secretario e o Alcalde .
Son un instrumento público solemne, que contén as actas estendidas polo Secretario para dar fe dos asuntos tratados e dos acordos adoptados nas sesións celebradas pola Corporación. O Pleno está integrado por todos os concelleiros e é presidido polo Alcalde. O número de concelleiros que haberá de elixirse para cada concello depende da poboación que habite no seu termo municipal.
.- Expedientes de sesións do Pleno
Expediente que ten por obxecto a convocatoria e celebración da sesión do Pleno. Poden ser ordinarias e extraordinarias. Contén convocatorias, orde do día, borradores, etc.
.- Mocións
Recolle as proposicións que se fan ou suxiren nunha Xunta que delibera. Son unha proposta que se somete directamente a coñecemento do Pleno, sobre un asunto non comprendido na orde do día e que non ten cabida no punto de rogos e preguntas. Pode formularse por escrito ou oralmente.Organizació
Función F0001 Subfunción SF003. 1.1.3. Pleno Densenvólvese nas seguintes series: S0018SF003 Expediente de sesións do Pleno S0019SF003 Mocións presentadas nos Plenos S0020SF003Libro de actas de sesións do Pleno
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Mos (Tema) (Creador)