Fondos
ES.GA.36055.AM.TUI.2. CONCELLO DE TUI (FUNCIONAL)
CONCELLO DE TUI (FUNCIONAL)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36055.AM.TUI.2
Título CONCELLO DE TUI (FUNCIONAL)
Data(s) 1527 - 2023 (Creación)
Volume e soporte 6.233 unidades de instalación con 45.697 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Tui(1836-) O concello de Tui sitúase no sur da provincia de Pontevedra, dentro da comarca natural do Baixo Miño, lindando con Portugal do que o separa o antedito río, e cos concellos de Salceda de Caselas, O Porriño, Gondomar, Salvaterra de Miño e Tomiño. Conta cunha extensión superior ós 66 quilómetros cadrados, distribuídos nas doce parroquias: Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Malvas, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe, Rebordáns, Ribadelouro e Tui, cun total de cento sesenta e unha entidades de poboación, nas que residen máis de dezaseis mil habitantes. A carga histórica da cidade é abrumadora, pasando de capitalidade de diocese romana a corte do reino de Galicia na dominación sueva e goda; posteriormente será capitalidade da provincia do mesmo nome ata a configuración constitucional de 1836. Ó mesmo tempo é sede da diocese eclesiástica e capitalidade do partido xudicial. O territorio do actual concello dependía no antigo réxime da xurisdicción de Tui e de Pexegueiro, ámbalas dúas con señorío do bispo de Tui. Nos períodos liberais chegaron a funcionar concellos nos anteditos lugares ata a definitiva configuración. O concello constitucional de Tui constitúese en 1836, dentro do seu partido xudicial, coa mesma configuración física que conserva na actualidade, anque con tres parroquias menos: Rebordáns que aparece dentro da cidade de Tui, e Randufe e Pazos de Reis que apareceran como tales en 1903; esta última constituirase como Entidade Local Menor o 9 de agosto de 1926.
Institución arquivística Arquivo municipal de Tui
Historia arquivística O concello de Tui sitúase no sur da provincia de Pontevedra, dentro da comarca natural do Baixo Miño, lindando con Portugal do que o separa o antedito río, e cos concellos de Salceda de Caselas, O Porriño, Gondomar, Salvaterra de Miño e Tomiño. Conta cunha extensión superior ós 66 quilómetros cadrados, distribuídos nas doce parroquias: Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Malvas, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe, Rebordáns, Ribadelouro e Tui, cun total de cento sesenta e unha entidades de poboación, nas que residen máis de dezaseis mil habitantes. A carga histórica da cidade é abrumadora, pasando de capitalidade de diocese romana a corte do reino de Galicia na dominación sueva e goda; posteriormente será capitalidade da provincia do mesmo nome ata a configuración constitucional de 1836. Ó mesmo tempo é sede da diocese eclesiástica e capitalidade do partido xudicial. O territorio do actual concello dependía no antigo réxime da xurisdicción de Tui e de Pexegueiro, ámbalas dúas con señorío do bispo de Tui. Nos períodos liberais chegaron a funcionar concellos nos anteditos lugares ata a definitiva configuración. O concello constitucional de Tui constitúese en 1836, dentro do seu partido xudicial, coa mesma configuración física que conserva na actualidade, anque con tres parroquias menos: Rebordáns que aparece dentro da cidade de Tui, e Randufe e Pazos de Reis que apareceran como tales en 1903; esta última constituirase como Entidade Local Menor o 9 de agosto de 1926.
Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Rematadas as sucesivas actuacións de organización e descrición dos fondos documentais conservados no arquivo municipal inventariáronse un total de 5.732 unidades de instalación, con testemuños que presentan unhas datas extremas do período interanual de 1879 ata o 2012
Como curiosidade nesta última fase de tratamento documental apareceu un pergamiño, escrito en portugués, datado en 1688, que facía de tapa doutro documento sen data, referido a un “Prorrateo de aguas de la Virgen del Camino en la parroquia de Revordanes hecho por Don Juan Gil de la Barrera vecino de la ciudad de Tui”. Este pergamiño, que inicialmente non ten relación co documento que resgardaba, é unha “carta de quitaçao” dada polo rei de Portugal Pedro ós herdeiros de Ignacio Monteiro de Souza, almoxarife falecido que prestaba os seus servizos na “Caça do Passo da Madeira”. É intención do concello a súa limpeza e restauración iniciándose xa os contactos coas institucións que puideran desenvolver este proceso.
Veñen de reintegrarse ao arquivo municipal os documentos propios depositados no seu día no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, que inclúen as primeiras actas municipais conservadas (1597 a 1775) e copias das Xuntas do Reino de Galicia dende 1608 a 1834, algún preito, cartas ordes e diversos papeis do século dezaoito. Tdos eles atópanse xa a disposición dos investigadores e usuarios.
Pese a que a maior parte da documentación corresponde ó século vinte aínda se aprecia un elevado volume documental do dezanove, destacando os libros de actas municipais dende 1782, con documentos de quintas dende 1874, de patrimonio dende 1849, de persoal ou contratación dende 1874, dos presupostos municipais dende 1845, dos padróns de habitantes dende 1884 ou das eleccións dende 1891.
Na documentación máis actual destaca especialmente polo seu volume e achega porcentual a derivada da xestión e control urbanístico, das obras propias e dos particulares e, sobre todo, do control presupostario e da xestión tributaria.
Este conxunto documental, hoxe correctamente disposto para o seu uso e manexo, conta cunha completa gama de instrumentos de descrición que permiten a súa valoración e recuperación. O cadro de clasificación deste arquivo e o seu inventario somero complétanse cunha exhaustiva descrición, a nivel de expediente en moitas series, a disposición de calquera interesado tanto no propio Concello como no Arquivo da Deputación de Pontevedra, nunha base de datos formada 33.454 rexistros diferentes.Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental e polo propio persoal municipal.
Organizació
Cadro de clasificación funcional 1ª División de función-subfunción GF001 ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN GF001.F0001 ACCIÓN E ÓRGANOS DE GOBERNO GF001.F0001.SF001 1.1.1. Formación e termo municipal GF001.F0001.SF002 1.1.2. Constitución do concello GF001.F0001.SF003 1.1.3. Pleno GF001.F0001.SF004 1.1.4. Alcaldía. Presidencia GF001.F0001.SF005 1.1.5. Xunta de goberno local GF001.F0001.SF006 1.1.6. Comisións informativas GF001.F0001.SF007 1.1.7. Xunta de voceiros GF001.F0001.SF008 1.1.8. Comisións, Xuntas e Consellos GF001.F0001.SF009 1.1.9. Grupos municipais GF001.F0001.SF0010 1.1.10. Autoridades Supramunicipais do Antigo Réxime GF001.F0001.SF0011 1.1.11. Participación cidadá GF001.F0001.SF0012 1.1.12. Creación, participación e disolución de organismos GF001.F0001.SF0013 1.1.13. Actividade normativa (ordenanzas e regulamentos) GF001.F0001.SF0014 1.1.14. Políticas e programas de goberno GF001.F0001.SF0015 1.1.15. Comunicación, protocolo e relacións externas GF001.F0002 ORGANIZACIÓN E XESTIÓN ADMINISTRATIVA GF001.F0002.SF016 1.2.1. Estrutura administrativa e organigrama GF001.F0002.SF017 1.2.2. Convenios GF001.F0002.SF018 1.2.3. Rexistro xeral de documentos GF001.F0002.SF019 1.2.4. Arquivo e xestión documental GF001.F0002.SF020 1.2.5. Xestión da información e transparencia GF001.F0002.SF021 1.2.6. Planificación e control de calidade GF001.F0002.SF022 1.2.7. Xestión da protección de datos persoais GF001.F0002.SF023 1.2.8. Xestión das comunicacións GF001.F0002.SF024 1.2.9. Xestión das aplicacións TIC GF001.F0002.SF025 1.2.10. Actuacións xurídico-administrativas GF001.F0003 CONTRATACIÓN ADMINISTRATIVA E ASISTENCIA TÉCNICA GF001.F0003.SF026 1.3.1. Contratación de obras GF001.F0003.SF027 1.3.2. Contratación de concesión de obras públicas GF001.F0003.SF028 1.3.3. Contratación de xestión de servizos públicos GF001.F0003.SF029 1.3.4. Contratación de servizos GF001.F0003.SF030 1.3.5. Contratación de subministracións GF001.F0003.SF031 1.3.6. Contratación mixta GF001.F0003.SF032 1.3.7. Contratación especial GF001.F0003.SF033 1.3.8. Contratación privada GF001.F0003.SF034 1.3.9. Procedemento de contratación GF001.F0004 RECURSOS HUMANOS GF001.F0004.SF035 1.4.1. Organización dos recursos humanos GF001.F0004.SF037 1.4.2. Selección de persoal GF001.F0004.SF038 1.4.3. Provisión de postos de traballo GF001.F0004.SF039 1.4.4. Prestación e finalización do servizo activo GF001.F0004.SF040 1.4.5. Xornada de traballo GF001.F0004.SF041 1.4.6. Permisos, licenzas, vacacións e asuntos persoais GF001.F0004.SF042 1.4.8. Sistema retributivo e previsión social GF001.F0004.SF043 1.4.8. Formación e perfeccionamento GF001.F0004.SF044 1.4.9. Seguridade e prevención de riscos laborais GF001.F0004.SF045 1.4.10. Réxime disciplinario e de control do persoal GF001.F0004.SF046 1.4.11. Relacións laborais GF001.F0005 PATRIMONIO GF001.F0005.SF047 1.5.1. Administración de bens e dereitos GF001.F0005.SF048 1.5.2. Adquisición de bens e dereitos GF001.F0005.SF049 1.5.3. Alteración da cualificación xurídica dos bens GF001.F0005.SF050 1.5.4. Uso de bens e dereitos GF001.F0005.SF051 1.5.5. Defensa de bens e dereitos GF001.F0005.SF052 1.5.6. Alleamento de bens e dereitos GF001.F0005.SF053 1.5.7. Permuta GF001.F0005.SF054 1.5.8. Expropiacións GF001.F0005.SF135 1.5.9. Deslindes GF001.F0006 RECURSOS ECONÓMICOS E FINANCEIROS GF001.F0006.SF055 1.6.1. Xestión do presuposto GF001.F0006.SF055 1.6.1. Xestión do presuposto GF001.F0006.SF055.SF056 1.6.1.1. Plans e programas de investimentos GF001.F0006.SF055.SF057 1.6.1.2. Aprobación do presuposto GF001.F0006.SF055.SF058 1.6.1.3. Modificación das presuposto GF001.F0006.SF055.SF059 1.6.1.4. Conta xeral e liquidación do presuposto GF001.F0006.SF055.SF060 1.6.1.5. Documentos contables de ingreso GF001.F0006.SF055.SF061 1.6.1.6. Documentos contables de pagamento GF001.F0006.SF055.SF062 1.6.1.7. Libros e rexistros contables GF001.F0006.SF055.SF063 1.6.1.8. Arqueos e xestión bancaria GF001.F0006.SF055.SF064 1.6.1.9. Financiamento GF001.F0006.SF055.SF065 1.6.1.10. Xestión de terceiros GF001.F0006.SF055.SF066 1.6.1.11. Obrigacións fiscais con outras administracións GF001.F0006.SF055.SF067 1.6.1.12. Participación en tributos supramunicipais GF001.F0006.SF068 1.6.2. Fiscalización económico-financeira GF001.F0006.SF069 1.6.3. Xestión tributaria GF001.F0006.SF069.SF070 1.6.3.1. Impostos GF001.F0006.SF069.SF071 1.6.3.2. Taxas e prezos públicos GF001.F0006.SF069.SF072 1.6.3.3. Contribucións especiais GF001.F0006.SF069.SF073 1.6.3.4. Inspección tributaria GF001.F0006.SF069.SF074 1.6.3.5. Cobros de ingresos de dereito público GF001.F0006.SF069.SF075 1.6.3.6. Recadación executiva GF001.F0006.SF069.SF136 1.6.3.7. Competencias delegadas de xestión catastral GF001.F0006.SF076 1.6.4. Subvencións GF001.F0006.SF076.SF077 1.6.4.1. Subvencións recibidas GF001.F0006.SF076.SF078 1.6.4.2. Subvencións outorgadas GF001.F0006.SF068 1.6.2. Fiscalización económico-financeira GF001.F0006.SF069 1.6.3. Xestión tributaria GF001.F0006.SF076 1.6.4. Subvencións GF002 XESTIÓN DO TERRITORIO GF002.F0007 URBANISMO, OBRAS E MOBILIDADE GF002.F0007.SF079 2.1.1. Planeamento urbanístico GF002.F0007.SF080 2.1.2 Xestión urbanística GF002.F0007.SF081 2.1.3. Información do territorio GF002.F0007.SF082 2.1.4. Ordenación e uso da vía pública e mobilidade GF002.F0007.SF083 2.1.5. Xestión das obras da corporación municipal e de infraestrutura GF002.F0007.SF083 2.1.5. Xestión das obras da corporación municipal e de infraestrutura GF001.F0007.SF086.SF084 2.1.5.1. Construción e mantemento de obras de infraestrutura GF001.F0007.SF086.SF085 2.1.5.2. Construción e mantemento dos equipamentos municipais ou de uso público GF002.F0007.SF086 2.1.6. Regulación das obras de particulares e de terceiros GF002.F0007.SF086.SF087 2.1.6.1. Licenzas e comunicacións urbanística GF002.F0007.SF086.SF088 2.1.6.2. Ordes de execución GF002.F0007.SF086.SF089 2.1.6.3. Declaracións de ruína GF002.F0007.SF086.SF090 2.1.6.4. Protección da legalidade urbanística GF002.F0007.SF086.SF091 2.1.6.5. Promoción da rehabilitación de vivendas GF002.F0008 SUSTENTABILIDADE E MEDIO AMBIENTE GF002.F0008.SF092 2.2.1. Conservación e protección da contorna natural GF002.F0008.SF093 2.2.2. Aproveitamentos naturais GF002.F0008.SF094 2.2.3. Subministracións básicas GF002.F0008.SF095 2.2.4. Xestión de residuos GF002.F0008.SF096 2.2.5. Control da salubridade GF002.F0008.SF097 2.2.6. Control de animais GF002.F0008.SF098 2.2.7. Regulación do impacto das actividades GF002.F0009 ORDENACIÓN E PROMOCIÓN DA ACTIVIDADE ECONÓMICA GF002.F0009.SF099 2.3.1. Abasto alimenticio GF002.F0009.SF100 2.3.2 Regulación da actividade agrícola GF002.F0009.SF101 2.3.3. Regulación da actividade gandeira GF002.F0009.SF102 2.3.4. Regulación da actividade pesqueira GF002.F0009.SF103 2.3.5. Regulación da actividade forestal GF002.F0009.SF104 2.3.6. Regulación da actividade industrial GF002.F0009.SF105 2.3.7. Regulación da actividade turística GF002.F0009.SF106 2.3.8. Regulación do comercio, as feiras e os mercados GF002.F0009.SF107 2.3.9. Fomento do traballo e o emprego GF002.F0009.SF108 2.3.10. Información e defensa do consumidor GF002.F0009.SF109 2.3.11. Control e xestión do transporte GF003 XESTION DOS SERVIZOS E DA POBOACIÓN GF003.F0010 POBOACIÓN, ELECCIÓNS E QUINTAS GF003.F0010.SF110 3.1.1. Rexistros de poboación GF003.F0010.SF111 3.1.2. Estatísticas e censos de poboación GF003.F0010.SF112 3.1.3. Procesos electorais GF003.F0010.SF113 3.1.4. Xestión dos servizos militares GF003.F0011 SERVIZOS CULTURAIS, DEPORTIVOS E DO LECER GF003.F0011.SF114 3.2.1. Planificación dos servizos culturais, do deporte e do lecer GF003.F0011.SF115 3.2.2. Xestión dos equipamentos culturais, do deporte e do lecer GF003.F0011.SF116 3.2.3. Actividades culturais GF003.F0011.SF117 3.2.4. Festas e espectáculos GF003.F0011.SF118 3.2.5. Actividades deportivas e de lecer GF003.F0011.SF119 3.2.6. Patrimonio cultural GF003.F0012 SERVIZOS PARA A EDUCACIÓN GF003.F0012.SF120 3.3.1. Planificación e control escolar GF003.F0012.SF121 3.3.2. Xestión dos centros educativos propios GF003.F0013 SERVIZOS PARA O BENESTAR E A SAÚDE GF003.F0013.SF122 3.4.1. Planificación dos servizos para o benestar e a saúde GF003.F0013.SF123 3.4.2. Xestión dos equipamentos para o benestar e a saúde GF003.F0013.SF124 3.4.3. Promoción e protección da saúde GF003.F0013.SF125 3.4.4. Atención ao benestar social GF003.F0013.SF126 3.4.5. Vivenda social GF003.F0013.SF127 3.4.6. Cooperación e solidariedade GF003.F0013.SF128 3.4.7. Xestión dos servizos funerarios GF003.F0013.SF036 3.4.8. Igualdade GF003.F0014 SEGURIDADE E PROTECCIÓN CIDADÁ GF003.F0014.SF129 3.5.1. Seguridade cidadá e orde pública GF003.F0014.SF130 3.5.2. Actuacións dos corpos de seguridade e protección cidadá GF003.F0014.SF131 3.5.3. Control de persoas detidas GF003.F0014.SF132 3.5.4. Control de armas GF003.F0014.SF133 3.5.5. Control da circulación das persoas GF003.F0014.SF134 3.5.6. Corpos de autoprotección cidadá
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes. Iniciarade en breve a aprobación dun reglamento propio.
Condicións de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais
Instrumentos de descrición Cadro de clasificación e inventario somero, en papel e publicado,
Área de documentación
Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).
Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
Ãrea de notas
Nota O arquivo do concello supón un sistema arquivístico simple, coa función de recoller, conservar e servir a documentación xerada no decurso da xestión administrativa nas oficinas do concello. Dispón de persoal municipal.
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Administración local España Galicia Pontevedra Tui
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Tui
Nome dos puntos de acceso Concello de Tui (Tema) (Creador)