Fondos
4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS
COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36058.AM.VILAB.1.1.4
Título COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS
Data(s) 1954-2013 (Creación) 1954-2017 (Produción)
Volume e soporte 13 unidades de instalación con 65 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Vilaboa(1836-) O territorio do concello de Vilaboa sitúase na parte inicial da península do Morrazo, na marxe dereita da ría de Vigo, lindando cos concellos de Pontevedra, Moaña e Marín. Ocupa unha superficie superior ós trinta e catro quilómetros cadrados con sesenta e unha entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Bértola, Santo Adrán de Cobres, Figueirido, Santa Cristina de Cobres e Vilaboa, nas que residen ó redor de seis mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Pontevedra, con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase o concello de Vilaboa, coa mesma configuración actual, no ano 1836, chegando a existir nas datas precedentes os concellos de Cobres e Vilaboa.
Institución arquivística Arquivo municipal de Vilaboa
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A 1ª División de sección 1.4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS recolle as series deste órgano de representación coa función de asesoramento ao Pleno e ao Alcalde, nas específicas áreas ou competencias de cada unha delas. 1.4.1.-Libro de actas de Comisións Informativas Rexistro que recolle o traslado das sesións celebradas polas diferentes Comisións Informativas que funcionan en cada administración: Facenda, Urbanismo, Persoal...etc. Normalmente encadernado e coas follas numeradas, dispón de dilixencia de apertura e non é obrigatorio. 1.4.2.-Expedientes de sesións de Comisións Informativas Recollen os documentos de cada sesión. As Comisións Informativas están integradas exclusivamente por membros da Corporación e son órganos sen atribucións resolutorias que teñen por función o estudo, informe ou consulta dos asuntos que teñan que ser sometidos á decisión do Pleno ou da Comisión de Goberno, cando esta actúe con competencias delegadas polo Pleno, salvo que sexa preciso adoptar acordos declarados urxentes. Igualmente, informarán aqueles asuntos da competencia propia da Comisión de Goberno e do Alcalde, que lle sexan sometidos ao seu coñecemento por expresa decisión daqueles. Poden ser estas sesións permanentes ou especiais.
Organizació
Esta división de sección 1.4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS conten as seguintes series documentais 1.- GOBERNO: 1.4.- COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS: 1.4.1. Libro de actas de Comisións Informativas 1.4.2. Expedientes de sesións de Comisións Informativas
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Vilaboa (Tema) (Creador)