ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

REXISTRO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36058.AM.VILAB.1.2.2

  • Título REXISTRO

  • Data(s) 1934-2012 (Creación) 1934 - 2012-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 202 unidades de instalación con 345 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Vilaboa(1836-) O territorio do concello de Vilaboa sitúase na parte inicial da península do Morrazo, na marxe dereita da ría de Vigo, lindando cos concellos de Pontevedra, Moaña e Marín. Ocupa unha superficie superior ós trinta e catro quilómetros cadrados con sesenta e unha entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Bértola, Santo Adrán de Cobres, Figueirido, Santa Cristina de Cobres e Vilaboa, nas que residen ó redor de seis mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Pontevedra, con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase o concello de Vilaboa, coa mesma configuración actual, no ano 1836, chegando a existir nas datas precedentes os concellos de Cobres e Vilaboa.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vilaboa

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O control dos documentos que se recibían ou se envían a persoas físicas ou xurídicas e a outras institucións exerceuse durante o Antigo Réxime dende a escribanía o a secretaría xeral mediante a redacción de diversos rexistros. A aparición do rexistro xeral como oficina propia con persoalidade e funcións definidas está ligada a transformación administrativa iniciada en 1837 e plasmada en 1872, desenvolta especialmente na lei de bases de 1899 e todas as que lle seguen especialmente o regulamento de organización de 1952 e 1986. Esta actividade xenera as seguintes series documentais: 2.2.1.- Libro rexistro de expedientes Rexistro para anotar os expedientes tramitados no concello, e no seu caso, o fluxo administrativo dos mesmos. 2.2.2.- Libro rexistro de entrada de documentos Documento de rexistros no que se asenta todo escrito ou documentación oficial que se presente o reciba na entidade local, cos datos identificativos de procedencia, número de orde, data de entrada, resumo do documento e tramitación cursada. A partires de 1982 comeza a realizarse informaticamente, antes sempre en libro encadernado. 2.2.3.- Libro rexistro de saída de documentos Relación que garante a constancia da saída dos documentos que foron despachados definitivamente polo concello, con datos de destinatario, data, e resumo do documento. A partires de 1982 comeza a realizarse informaticamente, antes sempre en libro encadernado. 2.2.4.- Libro rexistro de anuncios no BOE Rexistro de anuncios remitidos para publicar en Boletíns Oficiais 2.2.5.- Rexistro de documentos Serie creada nalgúns arquivos para recoller aqueles documentos orixinais enviados ou recibidos (copia dos propios documentos de saída e fotocopia dos de entrada), ordenados por número de orde. 2.2.6.- Portelo único Documentación producida neste servizo que permite aos cidadáns presentar nas oficinas do concello a documentación administrativa dirixida á Xunta de Galicia e outras institucións da Comunidade Autónoma. As funcións que comprende son: -Rexistro xeral de escritos, solicitudes ou comunicacións dirixidas a calquera órgano da Administración Autonómica de Galicia. -Información xeral da Administración Autonómica de Galicia. -Información particular sobre aqueles expedientes administrativos tramitados por instancia de parte ante a Administración Autonómica de Galicia, nos que o solicitante sexa o interesado. -Acceso ao rexistro xeral de contratistas da Comunidade Autónoma. Ademais aparecen máis, ocasionalmente, outros rexistros para temas ou asuntos concretos, debidamente identificados na súa denominación: 2.2.7.- Libro rexistro de poderes e autorizacións Rexistro de poderes e autorizacións. 2.2.8.- Libro rexistro de notificacións notificación Rexistro de notificacións. 2.2.9.- Libro rexistro de comunicacións comunicación Rexistro de comunicacións. 2.2.10.- Libro copiador de oficios Rexistro de oficios. 2.2.11.- Libro rexistro de disposicións Rexistro de disposicións. 2.2.12.- Libro rexistro de xiros Rexistro de xiros. 2.2.13.- Libro rexistro de telegramas telegrama Rexistro de telegramas.

  • Organizació

    Esta División de sección 2.2 REXISTRO contén as seguintes series documentais:
    
    2.- ADMINISTRACIÓN:
    
    2.2.- REXISTRO:
    
    2.2.1.- Libro rexistro de expedientes
    2.2.2.- Libro rexistro de entrada de documentos
    2.2.3.- Libro rexistro de saída de documentos
    2.2.4.- Libro rexistro de anuncios no BOE
    2.2.5.- Rexistro de documentos
    2.2.6.- Portelo único
    2.2.7.- Libro rexistro de poderes e autorizacións
    2.2.8.- Libro rexistro de notificacións
    2.2.9.- Libro rexistro de comunicacións
    2.2.10.- Libro copiador de oficios
    2.2.11.- Libro rexistro de disposicións
    2.2.12.- Libro rexistro de xiros
    2.2.13.- Libro rexistro de telegramas

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Vilaboa (Tema) (Creador)

Área de control da descrición