Fondos
3. Expedientes de alleamentos e cesións
-
133/2. Expediente de compra de terreos para construción residencial (1973)
-
133/3. Expediente de compra de terreos para construción de Camping Galicia (1974)
-
133/7. Expediente de venda de terreo a favor de FENOSA por parte do Concello (1984-1986)
-
134/8. Expediente de cesión de terreo municipal para materiais para construción de vivendas (1972)
Expedientes de alleamentos e cesións
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36058.AM.VILAB.1.2.3.3
Título Expedientes de alleamentos e cesións
Data(s) 1944-2008 (Creación) 2010 - (Produción) - 2011 (Produción)
Volume e soporte 8 unidades de instalación con 54 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Vilaboa(1836-) O territorio do concello de Vilaboa sitúase na parte inicial da península do Morrazo, na marxe dereita da ría de Vigo, lindando cos concellos de Pontevedra, Moaña e Marín. Ocupa unha superficie superior ós trinta e catro quilómetros cadrados con sesenta e unha entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Bértola, Santo Adrán de Cobres, Figueirido, Santa Cristina de Cobres e Vilaboa, nas que residen ó redor de seis mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Pontevedra, con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase o concello de Vilaboa, coa mesma configuración actual, no ano 1836, chegando a existir nas datas precedentes os concellos de Cobres e Vilaboa.
Institución arquivística Arquivo municipal de Vilaboa
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expediente que se tramita para que o concello ceda ou reciba en cesión gratuitamente bens integrantes do seu patrimonio a entidades ou institucións públicas ou privadas sen ánimo de lucro, sempre que os seus fins redunden en beneficio dos habitantes do territorio municipal. Os expedientes de alleamento son aqueles polos que o concello transmite ou traspasa a propiedade dun ben patrimonial mediante poxa, permuta ou venta directa, destacando os terrenos sobrantes de vía pública, logo da realización de obras de urbanización, modificación de viais ou pavimentación.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Vilaboa (Tema) (Creador)