Fondos
DISCIPLINA E CONTROL
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36058.AM.VILAB.1.2.4.2
Título DISCIPLINA E CONTROL
Data(s) 1930-2007 (Creación) 1930-2007 (Produción)
Volume e soporte 9 unidades de instalación con 78 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Vilaboa(1836-) O territorio do concello de Vilaboa sitúase na parte inicial da península do Morrazo, na marxe dereita da ría de Vigo, lindando cos concellos de Pontevedra, Moaña e Marín. Ocupa unha superficie superior ós trinta e catro quilómetros cadrados con sesenta e unha entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Bértola, Santo Adrán de Cobres, Figueirido, Santa Cristina de Cobres e Vilaboa, nas que residen ó redor de seis mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Pontevedra, con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase o concello de Vilaboa, coa mesma configuración actual, no ano 1836, chegando a existir nas datas precedentes os concellos de Cobres e Vilaboa.
Institución arquivística Arquivo municipal de Vilaboa
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Esta 2ª División de Sección está conformada por catro series documentais: 2.4.2.1.- Prevención de riscos laborais Coa Lei 31/1995 de prevención de riscos laborais xorden os servizos ou estudos de empresas para formar e informar aos traballadores sobre a prevención de riscos laborais e sobre os riscos específicos e medidas preventivas de seus postos de traballo. 2.4.2.2.- Control de horarios Documentos para o efectivo control da cumprimento do horario dos funcionarios: fichaxes, sinaturas… 2.4.2.3.- Licenzas, permisos e vacacións Solicitudes e expedientes tramitados en relación coas diversas modalidades de licenzas e permisos cos que conta o persoal municipal e coa súa oportuna xustificación, así como co control cadro de vacacións e o disfrute das mesmas polos traballadores. 2.4.2.4.- Expedientes disciplinarios Expediente que se tramita para sancionar a falta cometida por un traballador coa finalidade de resolver e sancionar no seu caso as posibles deficiencias nas actuacións e feitos cometidos. Contén documentos referidos ao seu inicio, notificacións, testemuñas e probas, alegacións e resolución emitida polo órgano establecido.
Organizació
Esta 2ª División de Sección está conformada por catro series documentais, a saber: 2.- ADMINISTRACIÓN: 2.4.- PERSOAL 2.4.2.- DISCIPLINA E CONTROL: 2.4.2.1.- Prevención de riscos laborais 2.4.2.2.- Control de horarios 2.4.2.3.- Licenzas, permisos e vacacións 2.4.2.4.- Expedientes disciplinarios
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Vilaboa (Tema) (Creador)