ATOPO
Rexistros actuais: 1.657.836
Obxectos dixitais dispoñibles: 506.151

Expediente de contratación do estudo histórico xeográfico e galeguización da topononimia de Concello de Pontevedra adxudicado a Juan Juega Puig

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF001.F0003.SF029.S0267.25331/2

  • Título Expediente de contratación do estudo histórico xeográfico e galeguización da topononimia de Concello de Pontevedra adxudicado a Juan Juega Puig

  • Data(s) 1988 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Número de expediente: 304/1988
    Tipoloxía: estudo da toponímia do Concello de Pontevedra
    Anuncio relativo á exposición pública do prego de prescripcións técnicas e condicións económico administrativas do concurso para a elaboración dun estudo histórico xeográfico e galeguización da toponimia do Concello de Pontevedra. Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 196. 24 de Agosto de 1990.
    Equipo redactor do proxecto: Juan Juega Puig, director. Alberto Balea Figueira, Celestrino García Braña, Consuelo González García, Rosa Magdalena Fernández, Ángel Rey Caíña, Alicia Rodríguez Seco.
    Estudos históricos das parroquias de : Santa María de Mourente, San Martiño de Salcedo, San Miguel de Marcón, San Pedro de Tomeza , Santa María de Xeve, San Pedro de Campañó, Santa María de Alba, San Vicente de Cerponzóns, Santa María de Ponte Sampaio, Santo André de Lourizán, Santa Mariña de Bora, San Salvador de Lérez, Santo Estevo de Canicouva e San Martiño de Verducido
    Mapas do Concello en relación ás parroquias e barrios nos que se divide o estudo

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de materias

  • Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Pontevedra (Concello)

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Pontevedra (Tema) (Creador)

Área de control da descrición