ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.805
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

SELECCIÓN DE PERSOAL

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36058.AM.VILAB.1.2.4.4

  • Título SELECCIÓN DE PERSOAL

  • Data(s) 1890-2019 (Creación) 1890 - 2019 (Produción)

  • Volume e soporte 22 unidades de instalación con 92 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Vilaboa(1836-) O territorio do concello de Vilaboa sitúase na parte inicial da península do Morrazo, na marxe dereita da ría de Vigo, lindando cos concellos de Pontevedra, Moaña e Marín. Ocupa unha superficie superior ós trinta e catro quilómetros cadrados con sesenta e unha entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Bértola, Santo Adrán de Cobres, Figueirido, Santa Cristina de Cobres e Vilaboa, nas que residen ó redor de seis mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Pontevedra, con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase o concello de Vilaboa, coa mesma configuración actual, no ano 1836, chegando a existir nas datas precedentes os concellos de Cobres e Vilaboa.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vilaboa

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Esta 2ª División de Sección 2.4.4. SELECCIÓN DE PERSOAL está composta por dúas series documentais: 2.4.4.1.- Expedientes de oposicións e concursos Expediente tramitado para a provisión de prazas de persoal mediante probas de selección nas súas modalidades de oposición, libre ou restrinxida, concurso-oposición ou simplemente concurso. Recollen habitualmente todo o proceso que vai dende a convocatoria, solicitudes, proceso de selección a proposta de nomeamento do persoal seleccionado. 2.4.4.2.- Solicitudes de emprego Instancia dirixida ao Alcalde na que se lle solicita un posto de traballo nas moitas dependencias ou actividades desenvoltas polos concellos

  • Organizació

    Esta 2ª División de Sección está conformada polas series a seguir:
    
    2.- ADMINISTRACIÓN:
    
    2.4.- PERSOAL:
    
    2.4.4.- SELECCIÓN DE PERSOAL:
    
    2.4.4.1.- Expedientes de oposicións e concursos
    2.4.4.2.- Solicitudes de emprego

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Vilaboa (Tema) (Creador)

Área de control da descrición