Fondos
1. Expedientes xurídicos
-
1.235/5. Reclamación para o mantemento de Xulgado de Paz ou Rexistro Civil
-
1.235/6. Reclamación contra o recorte do financiamento do Plan Concertado (2011)
-
1.235/7. Reclamación contra a reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial. Demarcación xudicial
-
2.399/1. Accidente laboral con morte de traballador. Expediente sancionar de Inspección de Traballo
-
2.399/2. Accidente laboral con morte de traballador. Expediente de recargo de prestacións
-
2.399/3. Accidente laboral con morte de traballador. Dilixencias previas
-
2.133/11. Dilixencias de investigación penal da fiscalía de Pontevedra
Expedientes xurídicos
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36058.AM.VILAB.1.2.5.1
Título Expedientes xurídicos
Data(s) 1915-2014 (Creación)
Volume e soporte 28 unidades de instalación con 154 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Vilaboa(1836-) O territorio do concello de Vilaboa sitúase na parte inicial da península do Morrazo, na marxe dereita da ría de Vigo, lindando cos concellos de Pontevedra, Moaña e Marín. Ocupa unha superficie superior ós trinta e catro quilómetros cadrados con sesenta e unha entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Bértola, Santo Adrán de Cobres, Figueirido, Santa Cristina de Cobres e Vilaboa, nas que residen ó redor de seis mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Pontevedra, con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase o concello de Vilaboa, coa mesma configuración actual, no ano 1836, chegando a existir nas datas precedentes os concellos de Cobres e Vilaboa.
Institución arquivística Arquivo municipal de Vilaboa
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A documentación que recolle esta 1ª división de sección contén expedientes de procedementos civís, contencioso-administrativo, económico-administrativos, laborais e penais, os expedientes de recursos administrativos, os ditames e informes e as sentenzas. Os administrados teñen como primeira vía de reclamación na defensa dos seus dereitos o recurso ante o propio órgano do concello cando unha decisión do mesmo sexa considerada lesiva ou inxusta. Estes recursos e reclamacións, cos oportunos informes de letrados e técnicos municipais, resolven estas reclamación de carácter patrimonial, urbanístico ou facendístico. Noutras ocasión son o primeiro paso para o inicio dunha subseguinte vía xudicial ante o órgano oportuno por parte do interesado ou mesmo da propia administración local. Dentro dos expedientes xurídicos podemos atopar distintos tipos de procedementos, con simples informes ou ditames, redactados polo propia administración O recurso contencioso-administrativo é unha acción dos administrados, membros da corporación ou outras administracións públicas, ante a Xurisdición contencioso-administrativa, contra os actos e acordos das Entidades Locais que poñan fin á vía administrativa ou fagan imposible ou suspendan a súa continuación, previa interposición do recurso de reposición nos casos que proceda. A reclamación económico-administrativa, é efectuada polos administrados ante o Tribunal económico-administrativo provincial, fronte a determinadas resolucións de natureza tributaria, orzamentaria ou de normativa fiscal emanadas do Concello, en defensa dos seus intereses.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Vilaboa (Tema) (Creador)