Fondos
CONTRATACIÓN
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36058.AM.VILAB.1.2.6
Título CONTRATACIÓN
Data(s) 1890-2019 (Creación) 1890 - 2018 (Produción)
Volume e soporte 44 unidades de instalación con 258 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Vilaboa(1836-) O territorio do concello de Vilaboa sitúase na parte inicial da península do Morrazo, na marxe dereita da ría de Vigo, lindando cos concellos de Pontevedra, Moaña e Marín. Ocupa unha superficie superior ós trinta e catro quilómetros cadrados con sesenta e unha entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Bértola, Santo Adrán de Cobres, Figueirido, Santa Cristina de Cobres e Vilaboa, nas que residen ó redor de seis mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Pontevedra, con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase o concello de Vilaboa, coa mesma configuración actual, no ano 1836, chegando a existir nas datas precedentes os concellos de Cobres e Vilaboa.
Institución arquivística Arquivo municipal de Vilaboa
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A documentación que recolle esta 1ª división de sección contempla todo o relativo aos procesos de contratación, nas súas modalidades diferenciadas, de acordo coa lexislación vixente en cada momento. 2.6.1.- Expedientes de contratación Expediente que se tramita para convir a forma de subministración de material, de execución de obras ou de prestación de servizos, que adoptan a fórmula da contratación directa, reservada a aquelas contratación que se poden acometer, dependendo da lexislación a aplicar en cada momento, sen procedementos especiais de publicidade ou libre concorrencia, habitualmente de menor contía e procedemento máis simplificado. 2.6.2.- Expedientes de concursos, poxas e concurso-poxa Expedientes que recolle as fórmulas de contratación reguladas, habituais nos procesos de contratación de maior contido ou valor económico. Os expedientes teñen as bases dos proceso, a presentación de oferta, a valoración das mesmas e a adxudicación da obra ou servizo a contratar. 2.6.3.- Libro rexistro de plicas Libro no que se rexistran os sobres pechados e selados que conteñen as ofertas para as poxas ou concursos dos contratos municipais 2.6.4.- Poxas de madeira Conxunto diverso de documentos relacionados cos poxas dos produtos resultantes da explotación dos montes municipais no período en que a titularidade dos mesmos non era comunal, senón municipal. 2.6.5.- Devolución de fianzas devolución de fianzas Expediente para a devolución dunha fianza depositada no concello para responder do efectivo cumprimento das condicións dun contrato co mesmo, ou para poder participar nunha poxa ou concurso-poxa optando á adxudicación dunha obra e servizo en concorrencia con outras empresas. Poden aparecer incluídas dentro do oportuno expediente de contratación ou de forma individualizada a solicitude da empresa ou persoa depositaria da mesma.
Organizació
Esta 1ª división de sección 2.6. CONTRATACIÓN contén as seguintes series documentais: 2.- ADMINISTRACIÓN: 2.6.- CONTRATACIÓN: 2.6.1.- Expedientes de contratación 2.6.2.- Expedientes de concursos, poxas e concurso-poxa 2.6.3.- Libro rexistro de plicas 2.6.4.- Poxas de madeira 2.6.5.- Devolución de fianzas
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Vilaboa (Tema) (Creador)