ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

PLANS DE OBRAS E SERVIZOS

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36058.AM.VILAB.1.3.1.2

  • Título PLANS DE OBRAS E SERVIZOS

  • Data(s) 1951-2009 (Creación) 1951-1951 (Produción)

  • Volume e soporte 9 unidades de instalación con 44 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Vilaboa(1836-) O territorio do concello de Vilaboa sitúase na parte inicial da península do Morrazo, na marxe dereita da ría de Vigo, lindando cos concellos de Pontevedra, Moaña e Marín. Ocupa unha superficie superior ós trinta e catro quilómetros cadrados con sesenta e unha entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Bértola, Santo Adrán de Cobres, Figueirido, Santa Cristina de Cobres e Vilaboa, nas que residen ó redor de seis mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Pontevedra, con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase o concello de Vilaboa, coa mesma configuración actual, no ano 1836, chegando a existir nas datas precedentes os concellos de Cobres e Vilaboa.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vilaboa

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Esta 2ª división de sección 3.1.2. PLANS DE OBRAS E SERVIZOS contén as seguintes series documentais: 3.1.2.1.- Plans de obras e servizos Acolle esta única serie a documentación xenerada no desenvolvemento da ampla variedade de plans de cooperación das obras e servizos de competencia municipal elaborados e aprobados pola Deputación Provincial, a fin de garantir as infraestruturas e servizos en todo o territorio provincial; van dende os tradicionais plans de camiños e plans provinciais de obras e servizos, até os máis recentes como, por exemplo, os plans de axudas urxentes, de acción comunitaria, de instalacións deportivas, de urbanismo, etc. Inclúense ademais, recentemente, os promovidos polas Comunidades Autónomas e os plans enmarcados nos programas da Comunidade Europea destinados a colaborar cos concellos no desenvolvemento de actuacións específicas de obras e servizos. Normalmente recolle a información sobre a convocatoria do oportuno plan e a solicitude cursada pola institución municipal, así como a derivada da súa xestión e control: informes, certificación de obras, informes diversos, correspondencia, impresos, estatísticas..etc

  • Organizació

    Esta 2ª división de sección 3.1.2. PLANS DE OBRAS E SERVIZOS contén as seguintes series documentais:
    
    3.- SERVIZOS:
    
    3.1.- OBRAS E URBANISMO:
    
    3.1.2.- PLANS DE OBRAS E SERVIZOS:
    
    3.1.2.1.- Plans de obras e servizos

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Vilaboa (Tema) (Creador)

Área de control da descrición