ATOPO
Rexistros actuais: 1.619.227
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.660

OBRAS PARTICULARES

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36058.AM.VILAB.1.3.1.4

  • Título OBRAS PARTICULARES

  • Data(s) 1919-2014 (Creación) 1919-00-00 - 2020-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 667 unidades de instalación con 6.881 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Vilaboa(1836-) O territorio do concello de Vilaboa sitúase na parte inicial da península do Morrazo, na marxe dereita da ría de Vigo, lindando cos concellos de Pontevedra, Moaña e Marín. Ocupa unha superficie superior ós trinta e catro quilómetros cadrados con sesenta e unha entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Bértola, Santo Adrán de Cobres, Figueirido, Santa Cristina de Cobres e Vilaboa, nas que residen ó redor de seis mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Pontevedra, con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase o concello de Vilaboa, coa mesma configuración actual, no ano 1836, chegando a existir nas datas precedentes os concellos de Cobres e Vilaboa.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vilaboa

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Esta 2ª división de sección 3.1.4. OBRAS PARTICULARES contén as seguintes series documentais: 3.1.4.1.- Libro rexistro de licenzas de obras Rexistro destinado a anotar as licenzas de obras concedidas polo órgano competente do concello , logo do oportuno expediente tramitado ao efecto. Recollen os datos básicos para a identificación de cada unha delas. 3.1.4.2.- Licenzas de obras a particulares Expediente que se tramita para levar a cabo obras de titularidade particular e que se tramitan para comprobar a legalidade e adecuación da obra á normativa vixente. Poden ser: Licenzas de obras maiores: expediente que se tramita para levar a cabo una obra nova, ampliación ou modificación, demolición, legalización, urbanización, cambio de titularidade particular. Licenzas de obras menores: expediente que se tramita para levar a cabo reforma de elementos (tellado, pintar portal ou escaleira), reforma en vivenda (cambiar aparellos sanitarios, cambiar carpintaría interior, solar, alicatar, etc.) e para instalar lápida de sepultura. Tamén obra menor en vía pública (instalación de anuncios, valado, gabias e canalizacións subterráneas..) Licenza de primeira ocupación: conxunto de actuacións que se seguen para autorizar a ocupación dunha vivenda, unha vez finalizada a construción. Expediente de segregación: conxunto de actuacións que se seguen para autorizar a separación dunha parcela de terreo da súa leira matriz 3.1.4.3.- Licenzas de obras a FENOSA Serie destinada a individualizar os expedientes de concesión de licenzas de obras a FENOSA, para tendidos de alta, media e baixa tensión, colocación de postes, centros de transformación…etc 3.1.4.4.- Licenzas de obras a Telefónica Serie destinada a individualizar os expedientes de concesión de licenzas de obras a TELEFÓNICA, para tendidos de telefónicos, colocación de postes e outras onbras necesarias 3.1.4.5.- Expedientes de declaracións de ruína Expediente que se tramita para verificar o estado de conservación dun inmoble e determinar a necesidade ou non da súa demolición 3.1.4.6.- Infraccións urbanísticas Expediente que se tramita con motivo da infracción de obras cometida por un cidadán, ben por construción sen licenza ou ben por non axustarse as condicións previstas na súa concesión. 3.1.4.7.- Informacións urbanísticas Informes emitidos polos técnicos municipais a solicitude dos cidadáns sobre asuntos urbanísticos: condicións de edificabilidade, liña de construción, calificacións urbanísticas 3.1.4.8.- Certificacións urbanísticas Certificacións emitidas en base aos informes emitidos polos técnicos municipais a solicitude dos cidadáns sobre asuntos urbanísticos.

  • Organizació

    Esta 2ª división de sección 3.1.4. OBRAS PARTICULARES contén as seguintes series documentais:
    
    3.- SERVIZOS:
    
    3.1.- OBRAS E URBANISMO:
    
    3.1.4.- OBRAS PARTICULARES:
    
    3.1.4.1.- Libro rexistro de licenzas de obras
    3.1.4.2.- Licenzas de obras a particulares
    3.1.4.3.- Licenzas de obras a FENOSA
    3.1.4.4.- Licenzas de obras a Telefónica
    3.1.4.5.- Expedientes de declaracións de ruína
    3.1.4.6.- Infraccións urbanísticas
    3.1.4.7.- Informacións urbanísticas
    3.1.4.8.- Certificacións urbanísticas

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Vilaboa (Tema) (Creador)

Área de control da descrición