ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

ABASTOS E CONSUMOS

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36058.AM.VILAB.1.3.3.1

  • Título ABASTOS E CONSUMOS

  • Data(s) 1938-2009 (Creación) 1938-2009 (Produción)

  • Volume e soporte 5 unidades de instalación con 89 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Vilaboa(1836-) O territorio do concello de Vilaboa sitúase na parte inicial da península do Morrazo, na marxe dereita da ría de Vigo, lindando cos concellos de Pontevedra, Moaña e Marín. Ocupa unha superficie superior ós trinta e catro quilómetros cadrados con sesenta e unha entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Bértola, Santo Adrán de Cobres, Figueirido, Santa Cristina de Cobres e Vilaboa, nas que residen ó redor de seis mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Pontevedra, con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase o concello de Vilaboa, coa mesma configuración actual, no ano 1836, chegando a existir nas datas precedentes os concellos de Cobres e Vilaboa.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vilaboa

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Esta 2ª división de sección, ABASTOS E CONSUMOS, está organizada nas seguintes series documentais: 3.3.1.1.- Expedientes de abastos e consumos A función dos concellos en materia de control e intendencia de abastecementos é unha das máis antigas encomendadas ós mesmos, comprendendo os expedientes de autorización de vendas e expedientes de declaración de existencias, as denuncias e infraccións en materia de consumo, estatísticas, establecementos comerciais libros rexistros de provedores, padróns de clientes de establecementos, liquidacións de subministros de establecementos, os aranceis –libros, as denuncias e o control das mercadorías, prezos e pesas e medidas. 3.3.1.2.- Expedientes de racionamentos Inclúe os rexistros de cartillas de racionamento, as propias cartillas e os censos de racionamento. Orde ministerial 14 maio 1939 estableceu un réxime de racionamento no pais para os produtos básicos de alimentación e de primeira necesidade. Vixente ata maio 1952. 3.3.1.3.- Expedientes de feiras e mercados O mercado municipal, en tanto que serie que exerce unha función complementaria da agrupación documental anterior, é considerada unha parcela importante de xestión do concello para garantir o abastecemento da poboación (lugar de compravenda de produtos), sendo tanto máis transcendente canto máis nos remontemos a épocas pasadas. No seu desenvolvemento contamos con expedientes e rexistros referidos á praza de abastos, ó mercado de gando así como ó propiamente denominado mercado ou alfóndega municipal, así como as feiras ou a venda ambulante. 3.3.1.4.- Lonxas municipais Documentación específica relacionada co funcionamento das lonxas municipais.

  • Organizació

    Esta 2ª división de sección, ABASTOS E CONSUMOS, está organizada nas seguintes series documentais:
    
    3.- SERVIZO
    
    3.3.- ABASTECEMENTOS E CONSUMOS:
    
    3.3.1.- ABASTOS E CONSUMOS:
    
    3.3.1.1.- Expedientes de abastos e consumos
    3.3.1.2.- Expedientes de racionamentos
    3.3.1.3.- Expedientes de feiras e mercados
    3.3.1.4.- Lonxas municipais

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Vilaboa (Tema) (Creador)

Área de control da descrición