Fondos
PÓSITO
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36058.AM.VILAB.1.3.3.5
Título PÓSITO
Data(s) 1950-1998 (Creación) 1950-1998 (Produción)
Volume e soporte 3 unidades de instalación con 20 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Vilaboa(1836-) O territorio do concello de Vilaboa sitúase na parte inicial da península do Morrazo, na marxe dereita da ría de Vigo, lindando cos concellos de Pontevedra, Moaña e Marín. Ocupa unha superficie superior ós trinta e catro quilómetros cadrados con sesenta e unha entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Bértola, Santo Adrán de Cobres, Figueirido, Santa Cristina de Cobres e Vilaboa, nas que residen ó redor de seis mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Pontevedra, con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase o concello de Vilaboa, coa mesma configuración actual, no ano 1836, chegando a existir nas datas precedentes os concellos de Cobres e Vilaboa.
Institución arquivística Arquivo municipal de Vilaboa
Área de contido e estrutura
Alcance e contido O Pósito agrícola é unha institución local nacida no século XVI que tivo como finalidade, nun primeiro momento, actuar como graneiro, especialmente de trigo, co obxecto de abastecer de pan á poboación, especialmente nas épocas de carestía e de prestar gran ós labregos, tanto para a semente como para o consumo nos meses de maior escaseza. Co tempo, constituíuse nunha institución de préstamo agrícola, mediante a cal os pequenos labregos podían suplir as carencias dunha mala colleita ou a compra de todo o necesario para a próxima así como comprar novas terras e sanear as súas rendas.
Organizació
Esta 2ª división de sección 3.3.5. PÓSITO contén as seguintes series documentais: 3.- SERVIZO: 3.3.- ABASTECEMENTOS E CONSUMOS: 3.3.5.- PÓSITO: 3.3.5.1.- Documentación do Pósito
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Vilaboa (Tema) (Creador)