Fondos
1. Expedientes de actividades culturais
-
238/5. Inclusión de bens no Inventario Arqueolóxico de Patrimonio
-
475/2. Autorizacións de fogueiras de San Xoán e San Pedro (2014)
-
475/3. Autorizacións de disparo de artigos pirotécnicos (2014)
-
1.321/7. Expediente de solicitude de inspección e plano de situación do "Forno do Cal"
Expedientes de actividades culturais
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36058.AM.VILAB.1.3.9.1
Título Expedientes de actividades culturais
Data(s) 1948-2013 (Creación) 2015-00-00 - 2016-00-00 (Produción)
Volume e soporte 35 unidades de instalación con 148 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Vilaboa(1836-) O territorio do concello de Vilaboa sitúase na parte inicial da península do Morrazo, na marxe dereita da ría de Vigo, lindando cos concellos de Pontevedra, Moaña e Marín. Ocupa unha superficie superior ós trinta e catro quilómetros cadrados con sesenta e unha entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Bértola, Santo Adrán de Cobres, Figueirido, Santa Cristina de Cobres e Vilaboa, nas que residen ó redor de seis mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Pontevedra, con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase o concello de Vilaboa, coa mesma configuración actual, no ano 1836, chegando a existir nas datas precedentes os concellos de Cobres e Vilaboa.
Institución arquivística Arquivo municipal de Vilaboa
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Agrupación de series que recolle a documentación derivada da función promotora e difusora dos concellos no estrito ámbito cultural, dotado dun carácter diverso por natureza, tradúcese na presenza de moitas series específicas que no cadro se reducen a dúas. Inclúe calquera tipo de actividade de promoción emprendida ou apoiada dende o concello tales como exposicións, premios e un longo etcétera de exemplos encamiñados nese sentido.; tamén atopamos os expedientes de subvencións a actividades culturais que, como o seu propio nome indica, recolle toda aquela documentación xerada no transcurso daquelas actuacións dos concellos orientadas á concesión de axudas ou subvencións ó desenvolvemento de calquera tipo de actividade cultural por parte de persoas ou colectivos., así como aquelas subvencións solicitadas polas entidades locais a outras administracións para levar a cabo actividades desta natureza. E por último a documentación derivada do funcionamento dos con centros culturais, tales como casas da cultura, teatros, museos, bibliotecas, casas de xuventude, centros culturais específicos, liceos e demais polo estilo nos que prime a súa función cultural, xerando un conxunto documental con características propias.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Vilaboa (Tema) (Creador)