Fondos
3. Edificios e vivendas
-
451/7. Edificios e vivendas. Numeración de vivendas todo o ano 2014 (2014)
-
1.079/1. Edificios e vivendas. Numeración de vivendas todo o ano 2015 (2015)
-
1.083/1. Edificios e vivendas. Numeración de vivendas todo o ano (2016)
-
1.284/1. Edificios e vivendas. Numeración de vivendas (2017)
-
1.284/2. Edificios e vivendas. Remisión estatísticas de construción de edificios todo o ano (2017)
-
1.674/2. Expediente de creación e supresión de entidades singulares
Edificios e vivendas
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36058.AM.VILAB.1.3.11.3
Título Edificios e vivendas
Data(s) 1950-2013 (Creación) 2017 - 2018-00-00 (Produción)
Volume e soporte 18 unidades de instalación con 33 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Vilaboa(1836-) O territorio do concello de Vilaboa sitúase na parte inicial da península do Morrazo, na marxe dereita da ría de Vigo, lindando cos concellos de Pontevedra, Moaña e Marín. Ocupa unha superficie superior ós trinta e catro quilómetros cadrados con sesenta e unha entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Bértola, Santo Adrán de Cobres, Figueirido, Santa Cristina de Cobres e Vilaboa, nas que residen ó redor de seis mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Pontevedra, con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase o concello de Vilaboa, coa mesma configuración actual, no ano 1836, chegando a existir nas datas precedentes os concellos de Cobres e Vilaboa.
Institución arquivística Arquivo municipal de Vilaboa
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Rexistros complemento dos de poboación que asentan datos referentes á contabilización demográfica dos habitantes do municipio. Neste caso os censos de edificios e vivendas, existentes para rexistrar os lugares de habitación da poboación permitindo un xeito indirecto de control numérico sobre a mesma, podendo a súa elaboración servir ademais para outros fins. Son censos revisables cada certo tempo, que numeran as vivendas existentes, con carácter previos a revisión dos censos e padróns de habitantes, tendo consideración de traballos preliminares aos mesmos.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Vilaboa (Tema) (Creador)