ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

ASUNTOS XERAIS

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36058.AM.VILAB.1.4.1.1

  • Título ASUNTOS XERAIS

  • Data(s) 1910-2011 (Creación) 1910-00-00 - 2011-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 4 unidades de instalación con 32 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Vilaboa(1836-) O territorio do concello de Vilaboa sitúase na parte inicial da península do Morrazo, na marxe dereita da ría de Vigo, lindando cos concellos de Pontevedra, Moaña e Marín. Ocupa unha superficie superior ós trinta e catro quilómetros cadrados con sesenta e unha entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Bértola, Santo Adrán de Cobres, Figueirido, Santa Cristina de Cobres e Vilaboa, nas que residen ó redor de seis mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Pontevedra, con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase o concello de Vilaboa, coa mesma configuración actual, no ano 1836, chegando a existir nas datas precedentes os concellos de Cobres e Vilaboa.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vilaboa

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A 2ª división de sección ASUNTOS XERAIS está composta polas series documentais a seguir: 4.1.1.1.- Expedientes xerais de Intervención 4.1.1.2.- Declaracións IVE e IRPF Documentos xustificativos dos pagamentos feitos polo concello en concepto do IVE, de conformidade co previsto pola lexislación do momento, ou do IRPF dos traballadores e cargos municipais, normalmente en modelos existentes ao efecto. 4.1.1.3.- Xunta Municipal de Asociados A Xunta Municipal de Asociados é un órgano de notables competencias e duración curta; os seus antecedentes remóntanse a 1856, nunha lei de breve duración efectiva, na que se establecen nos concellos una comisión de presupotos municipais para a elaboración dos mesmo, presidida polo Alcalde e da que forma parte o secretario do concello. Este órgano está formado polos concelleiros e por un número duplo de veciños asociados electores. A súas sesións serian públicas. Será a lei municipal de 1870 a que lle dea o respaldo definitivo establecendo a súa creación en todos os concello, formada por concelleiros e veciños asociados igual ao triplo do número de concelleiros (en 1877 pasará a ser igual ao de concelleiros); os veciños deberían ser contribuíntes, eran elixidos por sorteo e desempeñaban o cargo un ano económico. Encárganse da revisión e censura das contas Desaparece co Estatuto Municipal de 1924, que iguala a organización existente nas Deputacións Provinciais á totalidade dos concellos; xorde entón a Comisión Municipal Permanente. Documentalmente consérvanse os libros de actas das sesións celebradas ou os expedientes destas sesións, ou, nalgún caso as actas soltas das mesmas. 4.1.1.4.- Tribunal de Contas Documentación presentada por imperativo legal ou a requirimento específico ante o Tribunal de Contas ou ante o Concello de Contas, no caso de Galicia, órgano que é o supremo órgano de fiscalización das contas e da xestión económica das entidades locais 4.1.1.5.- Informes e certificacións de Intervención Certificacións e informes concretos emitidos polo Interventor municipal dentro da súa actividade e área competencial, na maior parte dos casos para formar parte doutras dilixencias ou expedientes, quedando a copia do mesmo. 4.1.1.6.- Decretos de ordenación de gastos Rexistro que recolle os decretos da Alcaldía autorizando de conformidade co previsto na lexislación pagamentos dentro das súas competencias. En moitos casos inscríbense un libro de rexistro cada un deles, identificando concepto, cantidade, xustificante e data de emisión. 4.1.1.7.- Rexistro de entrada e saída de Intervención Rexistro da correspondencia e documentos recibidos ou emitidos desde o Servizo de Intervención.

  • Organizació

    Esta 2ª división de sección 4.1.1. ASUNTOS XERAIS contén as seguintes series documentais:
    
    4.- FACENDA:
    
    4.1.- INTERVENCIÓN:
    
    4.1.1.- ASUNTOS XERAIS:
    
    4.1.1.1.- Expedientes xerais de Intervención
    4.1.1.2.- Declaracións IVE e IRPF
    4.1.1.3.- Xunta Municipal de Asociados
    4.1.1.4.- Tribunal de Contas
    4.1.1.5.- Informes e certificacións de Intervención
    4.1.1.6.- Decretos de ordenación de gastos
    4.1.1.7.- Rexistro de entrada e saída de Intervención

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Vilaboa (Tema) (Creador)

Área de control da descrición