Fondos
1. Xunta Pericial
-
820/2. Expediente da Xunta Pericial. Actas de sesións da Xunta Repartidora (1900)
-
820/3. Expediente da Xunta Pericial. Actas de sesións da Xunta Repartidora (1908)
-
820/4. Expediente da Xunta Pericial. Actas de sesións da Xunta Repartidora (1909)
-
820/5. Expediente da Xunta Pericial. Actas de sesións da Xunta Pericial Repartidora (1910)
-
820/6. Expediente da Xunta Pericial. Actas de sesións da Xunta Pericial Repartidora (1918)
-
820/7. Expediente da Xunta Pericial. Actas de sesións da Xunta Pericial Repartidora (1919)
-
820/8. Expediente da Xunta Pericial. Actas de sesións (1922)
-
820/10. Libro de actas da Xunta Pericial do Catastro (1934-1966)
-
820/11. Expediente da Xunta Pericial. Actas de sesións (1941)
-
820/12. Expediente da Xunta Pericial. Actas de sesións (1949)
-
820/13. Expediente da Xunta Pericial. Actas de sesións (1950-1952)
-
820/14. Expediente de reclamacións dos veciños contra o amillaramento (1953-1954)
-
820/15. Expediente da Xunta Pericial. Actas de sesións (1955)
-
820/16. Expediente da Xunta Pericial do Catastro. Renovación (1956)
-
820/19. Expediente da Xunta Pericial. Actas de sesións, acordos e convocatorias (1962)
-
820/20. Expediente da Xunta Pericial. Actas de sesións (1963)
-
820/21. Expediente da Xunta Pericial. Actas de sesións e acordos (1964)
-
820/23. Expediente da Xunta Pericial. Actas de sesións (1966)
-
820/25. Expediente de relación de valores unitarios de terras remitidas á Xunta Pericial (1975-1976)
Xunta Pericial
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36058.AM.VILAB.1.4.2.1.1
Título Xunta Pericial
Data(s) 1900-1976 (Creación) 0952-06-26 - 1966-06-02 (Produción)
Volume e soporte 1 unidade de instalación con 30 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Vilaboa(1836-) O territorio do concello de Vilaboa sitúase na parte inicial da península do Morrazo, na marxe dereita da ría de Vigo, lindando cos concellos de Pontevedra, Moaña e Marín. Ocupa unha superficie superior ós trinta e catro quilómetros cadrados con sesenta e unha entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Bértola, Santo Adrán de Cobres, Figueirido, Santa Cristina de Cobres e Vilaboa, nas que residen ó redor de seis mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Pontevedra, con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase o concello de Vilaboa, coa mesma configuración actual, no ano 1836, chegando a existir nas datas precedentes os concellos de Cobres e Vilaboa.
Institución arquivística Arquivo municipal de Vilaboa
Área de contido e estrutura
Alcance e contido As Xuntas Periciais xorden unidas ao cambio impositivo establecido en 1845. Xa nese ano se establece que cada ano se nomeen un numero de persoas entre os contribuíntes de cada concello para facer o repartimento da contribución territorial, igual ao número de concelleiros. Encargábanse de revisar as declaracións xuradas de bens rústicos e urbáns dadas polos veciños. Entre as súas función estaba a de establecer a cota correspondente a pagar por cada un dos veciños. Será una Real Orde de 1859 a que crea oficialmente as Xuntas Periciais, formada por peritos repartidores nomeados por catro anos a partir de agora. Está presidida polo Alcalde, sendo vicepresidente un concelleiro. Entre as súas funcións, co tempo estará a conservación e actualización dos amillaramentos e o mellor reparto da contribución territorial. A lei de 1906 crea o Catastro, que será a enumeración descritiva, literal e gráfica dos presido rústicos, forestais, solares, edificios..coa expresión da súa superficie, lindeiros, cultivos, calidades, co que o traballos das Xuntas Periciais será potenciado, controlando as sucesivas modificacións do mesmo. Este organismo pervive na actualidade relacionado co Centro de Xestión Catastral.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Vilaboa (Tema) (Creador)