ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

RECADACIÓN

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36058.AM.VILAB.1.4.3.2

  • Título RECADACIÓN

  • Data(s) 1918-2003 (Creación) 1918-00-00 - 2003-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 7 unidades de instalación con 93 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Vilaboa(1836-) O territorio do concello de Vilaboa sitúase na parte inicial da península do Morrazo, na marxe dereita da ría de Vigo, lindando cos concellos de Pontevedra, Moaña e Marín. Ocupa unha superficie superior ós trinta e catro quilómetros cadrados con sesenta e unha entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Bértola, Santo Adrán de Cobres, Figueirido, Santa Cristina de Cobres e Vilaboa, nas que residen ó redor de seis mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Pontevedra, con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase o concello de Vilaboa, coa mesma configuración actual, no ano 1836, chegando a existir nas datas precedentes os concellos de Cobres e Vilaboa.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vilaboa

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A xestión e a recadación dos recursos, tanto de tipo patrimonial (bens de propios) como de tipo fiscal foi unha das actividades permanentes dos concellos desde os seus inicios. 4.3.2.1.- Contas de recadación Conxunto de documentos contables de carácter auxiliar xustificativos da xestión recadatoria dun período determinado de tempo. En base a elo é habitual atopar expedientes sobre esta función e as persoas que se ocupan desta función (nomeamentos, expedientes sancionadores…), relacións de impagados e debedores, contas presentadas polo tesoureiros, reclamacións contra sancións ou cobro de impostos…etc 4.3.2.2.- Libro de recadación executiva e voluntaria

  • Organizació

    Esta 2ª división de sección 4.3.2. RECADACIÓN contén as seguintes series documentais:
    
    4.- FACENDA:
    
    4.3.- TESOURARÍA:
    
    4.3.2.- RECADACIÓN
    
    4.3.2.1.- Contas de recadación
    4.3.2.2.- Libro de recadación executiva e voluntaria

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Vilaboa (Tema) (Creador)

Área de control da descrición