Fondos
ES.GA.36038.ADPO.14.. GOTA DE LEITE
GOTA DE LEITE
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.14.
Título GOTA DE LEITE
Data(s) 1931-1948 (Creación) 1931-1948 (Produción)
Volume e soporte 2 unidades de instalación con 8 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade.
Área de contexto
Nome do produtor Gota de Leite(1931-1938) Este organismo foi creado en agosto de 1931 con cargo ó orzamento da Deputación como anexo á Inclusa, coa que comparte instalacións. O seu obxectivo, de carácter benéfico- sanitario, é a prestación médica e o subministro de leite ós nenos de idade inferior ós catorce meses. O seu funcionamento comeza realmente no ano 1933 e dura ata 1934, data en que se decide a súa supresión polo escaso resultado obtido. Vólvese a abrir dous anos despois e en 1938 faise un convenio de cesión á Falange Española Tradicionalista y de las JONS, sección Auxilio Social, para manter aberta a institución e proporcionarlles leite ata os oito meses. Finalmente a Deputación convoca un concurso para a venda do material. Foi, por tanto, unha institución efémera, creada para evitar o alto risco de mortalidade infantil desta época.
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Historia arquivística Custodiada polo Arquivo xunto á documentación propia da Inclusa e o Hospicio dende o seu inicio. A súa organización, baixo a dirección técnica de Miguel Pereira Figueroa, correspondeu aos técnicos do Arquivo Elena Garnelo Mariñas e César Manuel López Marras. Finalmente foi dixitalizada esta documentación dentro do proxecto eDepo. "Dixitalización de fontes documentais, gráficas, sonoras e audiovisuais da Deputación de Pontevedra e os concellos da provincia"
Forma do ingreso Transferencia irregular.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Este escaso fondo contén basicamente información sobre a posta en funcionamento da Institución e cuestións de contabilidade.
Valoración, selección e eliminación Non se practicaron expurgos. Conservación total polo carácter testimonial e informativo, e para os estudios sobre Pontevedra a nivel sanitario, estatísticos, etc.
Novos ingresos É un fondo pechado.
Organización
No proceso de organización deste pequeno fondo documental creáronse dúas series: 1.- Expedientes da Gota de Leite (1931-1934). 2.- Contabilidade da Gota de Leite (1932-1937).
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso O acceso é libre, coas restriccións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas.
Condicións de reprodución A reproducción está limitada polas condicións de conservación.
Características físicas e requirimentos técnicos Estado de conservación da documentación: bo.
Instrumentos de descrición Base de datos en ATOM cun total de 8 rexistros.
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de documentación orixinal fora do arquivo.
Existencia e localización de copias Documentación dixitalizada na súa totalidade con 503 imaxes.
Unidades de descrición relacionadas Ten relación co fondo especial nº 15 da Inclusa, e cos fondos propios da Deputación.
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Gota de Leite (Tema) (Creador)
Área de control da descrición
Identificador da institución DEPO00200000065