ATOPO
Rexistros actuais: 1.285.577
Obxectos dixitais dispoñibles: 428.507

Fondos

CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36007.AM.CAMP.

  • Título CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO

  • Data(s) 1874-2017 (Creación) 1874-00-00 - 2018-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 1.563 unidades de instalación con 14.883 agrupacións documentais en soporte papel a súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Campo Lameiro(1936-2015) Campo Lameiro sitúase na marxe dereita do río Lérez, na zona central da provincia de Pontevedra, limitando cos concellos de Pontevedra, Cotobade, A Estrada, Moraña e Cuntis. O territorio do concello ocupa un total de sesenta e catro quilómetros cadrados nos que hai trinta e dúas entidades de poboación onde residen ó redor de dous mil cincocentos habitantes. Forman o concello un total de seis parroquias: San Miguel do Campo, San Cristovo do Couso, Santa Mariña de Fragas, San Isidro de Montes, Santiago de Morillas e Santa María de Moimenta. No antigo réxime este territorio pertencía a dúas xurisdiccións: a de Baños, dependente do arcebispo de Santiago, na que se integraban as parroquias de Couso, Montes, Morillas e Moimenta, e a de Campo e Fragas, con xurisdicción do marqués de la Sierra, formada polas propias parroquias de Campo e Fragas. Nas primeiras décadas do século XIX chegan a funcionar como concellos constitucionais durante os períodos liberais neste territorio os de Moimenta e o de Campo e Fragas. A partir do ano 1836, incluído no Partido Xudicial de Caldas de Reis, créase o concello constitucional de Campo, integrado polas seis parroquias actuais. Seguindo ó profesor D. Xosé Fariña Jamardo, cómpre sinalar que dende a súa creación ata a actualidade téñense producido dúas variacións dignas de seren reseñadas. Por un lado, entre 1869 e 1872, a perda dos lugares, inicialmente da parroquia de San Isidro de Montes, de Bugarín e Cuíña, que por petición veciñal, pasan a formar parte das parroquias de Santa Baia de Castro e San Tomé de Quireza, respectivamente, ámbalas dúas integradas no concello de Cerdedo. Por outra parte, complétase no ano 1907 a denominación do concello pasándose a partir dese momento a de Campo Lameiro.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Campo Lameiro

  • Historia arquivística A antiga casa do concello era unha edificación independente, situada no campo da feira do lugar de Campo Lameiro, con baixo e dúas plantas ó que se accede á parte frontal dende unha praza inferior a través dunha ampla escalinata de dobre tramo; a parte traseira e un dos laterais coinciden cunha rúa á altura da primeira planta. Sobre esta construcción procedeuse á ampliación do mesma e á modificación do entorno, ampliando considerablemente o volumen da edificación, respetando as alturas da edificación anterior, e creándose una praza empedrada diante da fachada, que na nova distribución trasladase á parte inferior. Resulta una construcción en forma de “L”, que combina pedra e madeira, perfectamente integrada no entorno, formada por a praza e a alameda, cunha zona porticada que serve de acceso ás instalacións e contribúe á integración espacial. O espazo do arquivo ocupa o soto do concello, nun local rectangular, cunha superficie próxima ós cincuenta metros cadrados, con acceso ás dependencias municipias mediante escaleira interior. Esta dependencia foi dotada dos equipamentos necesarios para a súa función, con estantería compactada e mesa de traballo e consulta. A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo no ano 1989, data a partir da cal se acometeron novos procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluída a mellora e ampliación do local, nos anos 1995, 1998, 2002, 2010, 2011, 2013 e 2018. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Elena Aguete Landín Vicente García Romero Mónica Núñez Carro María del Carmen Pereira Pazos Rosa Pérez Diz María Begoña Pérez Losada Carmen Touzón Fernández María del Carmen Fariña Fernández Alberto Aramburu García-Pintos Alfonso Gómez Martín Isabel Couso Bravo Aída María Pérez Martínez Iria Chaves Moledo José Luis Castro Carpintero Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Paula Boullosa Rodríguez Fátima Baña Hernanz Pablo Pastoriza Rozas Ana Isabel Delgado Iglesias Marcos Fernández Fraguas Álvaro Pérez Montero Xabier Silva Simón

  • Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O fondo documental conservado no arquivo municipal de Campo Lameiro pertence na súa práctica totalidade ó século XX, constatándose unha grande perda de documentación producida por esta entidade local ó longo dos anos de funcionamento. De acordo co cadro de clasificación utilizado poden localizarse catro grandes seccións. A referida a aqueles documentos producidos polas actuacións dos órganos de GOBERNO supón o doce por cen do total. Entre estes destacan os libros de actas do Pleno, nos que faltan os dos anos que van de 1836 a 1873 e de 1899 a 1900; e da Comisión Municipal Permanente, dende 1924 ata 1985, completos naqueles períodos nos que funcionou. A documentación da sección de ADMINISTRACIÓN supón o dezaseis por cen do total, sendo moi escasos os fondos do patrimonio ou de persoal municipal. A xestión dos SERVIZOS produciu documentación especialmente referida ó control urbanístico, as obras propias executadas polo concello e ó control das obras dos particulares. A práctica totalidade das moi variadas series desta sección carecen de documentación do século XIX o que proba a perda documental que se produciu. Como é habitual a sección de FACENDA ocupa o maior número de unidades de instalación, que supón o trinta e sete por cen do total. En todo caso, a documentación dos presupostos do concello non vai más alá do ano 1945, o mesmo que ocorre coa referida á maior parte das taxas e impostos.

  • Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.

  • Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.

  • Organización

    CADRO DE CLASIFICACIÓN
    
    1. GOBERNO
    
    1.1. CONCELLO / PLENO 1874-2012 79
    1.2. ALCALDE 1949-2011 35
    1.3. COMISIÓN DE GOBERNO/ PERMANENTE 1924-2013 84
    1.4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS 1969-2004 5
    2. ADMINISTRACIÓN
    
    2.1. SECRETARÍA 1942-2013 119
    2.2. REXISTRO 1952-2012 43
    2.3. PATRIMONIO 1894-2012 31
    2.4. PERSOAL
     2.4.1. ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL 1936-2012 75
     2.4.2. DISCIPLINA E CONTROL 1936-2012 6
     2.4.3. CLASES PASIVAS/ S.S./ MUTUALIDADES 1946-2012 14
     2.4.4. SELECCIÓN DE PERSOAL 1951-2012 11
     2.4.5. REPRESENTACIÓN DO PERSOAL 1981-2006 2
    2.5. SERVIZOS XURÍDICOS 1932-2013 10
    2.6. CONTRATACIÓN 1936-2013 42
    2.7. ARQUIVO 1989 1
    3. SERVIZOS
    
    3.1. OBRAS E URBANISMO
     3.1.1. PLANEAMENTO 1981-2007 18
     3.1.2. PLANS DE OBRAS E SERVIZOS 1965-2012 56
     3.1.3. OBRAS MUNICIPAIS 1919-2013 193
     3.1.4. OBRAS PARTICULARES 1959-2013 151
     3.1.5. INDUSTRIAS 1965-2010 24
    3.2. SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS 1943-2009 10
    3.3. ABASTECEMENTOS E CONSUMOS
     3.3.1. ABASTOS E CONSUMOS 1970-2009 6
     3.3.2. MATADOIRO 1982 1
     3.3.3. AUGA 1980-2012 4
     3.3.4. OMIC - -
     3.3.5. PÓSITO 1960-1980 1
    3.4. TRANSPORTES 1965-2010 8
    3.5. SEGURIDADE CIDADÁ 1965-2012 17
    3.6. SANIDADE 1951-2013 22
    3.7. BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL 1933-2012 82
    3.8. EDUCACIÓN 1920-2012 9
    3.9. CULTURA 1965-2012 31
    3.10. DEPORTES 1988-2008 7
    3.11. POBOACIÓN 1950-2010 43
    3.12. QUINTAS E MILICIAS 1943-2001 21
    3.13. ELECCIÓNS 1949-2012 34
    4. FACENDA
    
    4.1. INTERVENCIÓN
     4.1.1. ASUNTOS XERAIS 1918-2010 12
     4.1.2. ORZAMENTOS ORDINARIOS 1945-2012 315
     4.1.3. ORZAMENTOS EXTRAORDINARIOS 1951-1980 5
     4.1.4. ORZAMENTOS DE INVERSIÓNS 1981 1
    4.2. FINANCIACIÓN E TRIBUTACIÓN
     4.2.1. IMPOSTOS 1916-2012 70
     4.2.2. TAXAS 1966-2011 14
    4.3. TESOURERÍA
     4.3.1. CAIXA 1918-1984 10
     4.3.2. RECADACIÓN 1956-2004 6
     4.3.3. CONTAS BANCARIAS 1971-2013 29

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.

  • Condicións de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • Características físicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.

  • Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados. Inventario somero en papel, publicado e informatizado, cun total de 1.744 rexistros. Inventario detallado en ficha e informatizado, cun total de 7.878 rexistros.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).

  • Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.

Puntos de acceso

Área de control da descrición

  • Identificador da institución DEPO00200334860