ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.590
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.660

Fondos

CONCELLO DE VALGA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36056.AM.VAL.

  • Título CONCELLO DE VALGA

  • Data(s) 1819-2020 (Creación) 1819-00-00 - 2020-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 3.226 unidades de instalación con 28.495 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Valga(1836-) O territorio do concello de Valga sitúase no noroeste da provincia de Pontevedra, configurado polo leito do río Ulla, lindando coa provincia da Coruña e cos concellos de Dodro, Pontecesures, A Estrada, Cuntis, Caldas de Reis e Catoira. Ocupa unha superficie superior ós trinta e oito quilómetros cadrados, con cincuenta e oito entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias actuais: Campaña, Cordeiro, Setecoros, Valga e Xanza, nas que residen máis de seis mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela das xurisdiccións de Cordeiro e de Padrón, ámbalas dúas con señorío do arcebispo de Santiago. Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século dezanove planéase inicialmente a creación do concello de Cordeiro, integrado por dez parroquias e con capitalidade no lugar de Forno; no remate do proceso modifícase sensiblemente esta pretensión inicial e xorden dous concellos diferentes: Valga, con seis parroquias, e Catoira, con outras catro, formando parte os dous do Partido Xudicial de Caldas de Reis. Posteriormente, en 1925, producirase a segregación da Entidade Local Menor de Pontecesures e, polo tanto, desa parroquia para formar un concello independente; o concello de Valga dende entón queda coa súa fisionomía actual.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Valga

  • Historia arquivística A casa do concello atópase a carón da estrada N-550; inaugurada a principios da década dos anos noventa do pasado século presenta unha planta irregular, en forma de “L”, en pedra e con baixo, planta e aproveitamento baixo cuberta; tamén conta cunha ampla superficie para albergar as dependencias, os servizos municipais e o xulgado de paz. No ano 1991 procedeuse a instalar nesta nova edificación o arquivo municipal, para o cal se reservou a superficie do baixo cuberta, á que se accede na actualidade por escaleira lateral ou ascensor. Conta este local cunha superficie útil superior ós cento sesenta metros cadrados e coas dotacións necesarias de equipamentos e mobiliario para a conservación, tratamento e consulta do fondo documental; ademais a súa estructura reforzouse e rebozouse para soportar o peso da documentación, o que mellorou as súas condicións de habitabilidade, iluminación e ventilación. A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo nos anos 1986-1987, data a partir da cal se acometeron novos procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación, incluída a mellora do local, nos anos 1991, 2002, 2005, 2008, 2010, 2012 e 2015. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC (Miguel Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero e Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo), leváronos a cabo: Manuel Cortés Couselo, María Clara Chenlo Sanmarco e María Eugenia Valenzuela Senn (1986-1987). María Luisa Justo Miras e Irene Tapia Pena (1991). Vicente García Romero, Mónica Núñez Carro e Rosa Pérez Diz (2002). Isabel Balchada Bermúdez, Lara María Moldes González, Francisco Orge Ventín, Montserrat Romero Alonso e María Torres Hermida (2005). Ángela Garra Oubiña, María del Carmen Fariña Fernández e Mónica Núñez Carro (2008). Alberto Aramburu García Pintos, Alfonso Gómez Martín e María Lede Pérez (2010). Olalla Barreiro Molano e Francisco Orge Ventín (2012). No ano 2015 traballaron os bolseiros da Deputación Lorena García Nóvoa, Oscar Pena Espiño, José Ángel Reyes González, Miguel Ángel Rocafort Ferradas, Sabela Vázquez Díaz e Antón Vázquez Escudero. Incorporáronse 471 caixas chegando á unidade de instalación 3.226.

  • Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A maior parte da documentación corresponde ó século XX, con notables perdas documentais, especialmente sensibles no referido ós libros de actas do Pleno anteriores a 1885, e soamente con notables testemuños do século dezanove no tocante ás contas e presupostos municipais, á contribución rústica e urbana e, máis ocasionalmente ás quintas e milicias que son os documentos máis antigos (1836).

  • Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.

  • Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.

  • Organizació

    CADRO DE CLASIFICACIÓN
    
    1.- GOBERNO:
    
    1.1.- CONCELLO/PLENO.
    1.2.- ALCALDE.
    1.3.- COMISIÓN DE GOBERNO/ PERMANENTE.
    1.4.- COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS.
    
    2.- ADMINISTRACIÓN:
    
    2.1.- SECRETARÍA.
    2.2.- REXISTRO.
    2.3.- PATRIMONIO.
    2.4.- PERSOAL:
    
    2.4.1.- ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL.
    2.4.2.- DISCIPLINA E CONTROL.
    2.4.3.- CLASES PASIVAS/ S.S./ MUTUALIDADES.
    2.4.4.- SELECCIÓN DE PERSOAL.
    2.4.5.- REPRESENTACIÓN DO PERSOAL.
    
    2.5.- SERVIZOS XURÍDICOS.
    2.6.- CONTRATACIÓN.
    2.7.- ARQUIVO.
    
    3.- SERVIZOS:
    
    3.1.- OBRAS E URBANISMO:
    
    3.1.1.- PLANIFICACIÓN.
    3.1.2.- PLANS DE OBRAS E SERVIZOS.
    3.1.3.- OBRAS MUNICIPAIS.
    3.1.4.- OBRAS PARTICULARES.
    3.1.5.- INDUSTRIAS.
    
    3.2.- SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS.
    3.3.- ABASTECEMENTOS E CONSUMOS:
    
    3.3.1.- ABASTOS E CONSUMOS.
    3.3.2.- MATADOIRO.
    3.3.3.- AUGA.
    3.3.4.- OMIC.
    3.3.5.- PÓSITO.
    
    3.4.- TRANSPORTES.
    3.5.- SEGURIDADE CIDADÁ.
    3.6.- SANIDADE.
    3.7.- BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL.
    3.8.- EDUCACIÓN.
    3.9.- CULTURA.
    3.10.- DEPORTES.
    3.11.- POBOACIÓN.
    3.12.- QUINTAS E MILICIAS.
    3.13.- ELECCIÓNS.
    
    4.- FACENDA:
    
    4.1.- INTERVENCIÓN:
    
    4.1.1.- ASUNTOS XERAIS.
    4.1.2.- PRESUPOSTOS ORDINARIOS.
    4.1.3.- PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS.
    4.1.4.- PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS.
    
    4.2.- FINANCIAMENTO E TRIBUTACIÓN:
    
    4.2.1.- IMPOSTOS.
    4.2.2.- TAXAS.
    
    4.3.- TESOURARÍA:
    
    4.3.1.- CAIXA.
    4.3.2.- RECADACIÓN.
    4.3.3.- CONTAS BANCARIAS.

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.

  • Condicións de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentai

  • Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados. Inventario somero en papel, publicado e informatizado. Inventario detallado en ficha e informatizado.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).

  • Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.

Área de notas

  • Nota Polas características propias da Institución, o Arquivo Municipal de Valga exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Valga (Tema) (Creador)

Área de control da descrición