ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Expediente de deslinde do concello de Pontecesures co de Valga (1925)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36044.AM.PONCES.2.GF001.F0001.SF001.S0003.50/1

  • Título Expediente de deslinde do concello de Pontecesures co de Valga (1925)

  • Data(s) 1925 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental.

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Pontecesures(1925-2018) O territorio do concello de Pontecesures sitúase norte da provincia de Pontevedra, lindando coa provincia da Coruña e cos concellos de Padrón, A Estrada e Valga. Ocupa unha superficie total escasamente superior ós seis quilómetros cadrados con trece entidades de poboación e unha única parroquia: San Xulián de Pontecesures, na que residen algo menos de tres mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. Esta parroquia dependía daquela da xurisdicción de Padrón con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos a parroquia antes chamada de San Xulián de Requeixo foi integrada, dentro do conxunto do partido xudicial de Caldas de Reis, no concello de Valga. No ano 1822 chegou a funcionar o concello de Requeixo integrado por esta parroquia e a de Campaña. Esta situación mantense ata o mes de outubro do ano 1925, data na que se constitúe o concello de Pontecesures coa súa configuración actual, logo da súa previa constitución como entidade local menor.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Pontecesures

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente de deslinde do concello de Pontecesures co de Valga. Contén: *Certificado do Secretario de Valga, dun expediente sobre deslinde e amolloamento do termo municipal de Valga, co da Estrada en 1889. *Expediente de segregación da antiga parroquia de Requeixo, hoxe concello de Pontecesures. *Antecedentes relativos ao deslinde e división dos distritos de Valga e Pontecesures. *Tasación de bens mobles e inmobles pertencentes ao concello de Valga. *Dous expedientes de tasación do grupo escolar e praza de abastos, sitas en Pontecesures e do grupo escolar e Casa do concello sitas en Valga. *Determinación de límites entre Valga e Pontecesures e división patrimonial común de ámbolos concellos. Acompaña plano da división. *Separación de contribucións entre Valga e Pontecesures.

Área de notas

  • Nota E01 - Página manchada: 185, 187 E02 - Arrugas en el documento: 185, 187 E03 - Página incompleta: 185, 187, 188, 189, 190, 191 E09 - Otros: 187

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de materias Deslinde España Galicia Pontevedra Pontecesures

  • Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Valga Pontecesures

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Pontecesures (Tema) (Creador)

Área de control da descrición