Fondos
-
ES.GA.36044.AM.PONCES.2. CONCELLO DE PONTECESURES (FUNCIONAL)
-
S0228. Expediente de procedementos contencioso-administrativos
1. Expedientes xurídicos
-
989/3. Reclamación de Manuela Blanco Suárez contra esixencia de taxa de entrada de carruaxes (1972)
-
962/28. Recurso de FENOSA contra o Concello por incumplimento do pagamento das taxas (1981-1983)
Expedientes xurídicos
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36044.AM.PONCES.2.GF001.F0002.SF025.S0228.1
Título Expedientes xurídicos
Data(s) 1928-2012 (Creación) 1928-00-00 - 2016 (Produción)
Volume e soporte 37 unidades de instalación con 152 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Pontecesures(1925-2018) O territorio do concello de Pontecesures sitúase norte da provincia de Pontevedra, lindando coa provincia da Coruña e cos concellos de Padrón, A Estrada e Valga. Ocupa unha superficie total escasamente superior ós seis quilómetros cadrados con trece entidades de poboación e unha única parroquia: San Xulián de Pontecesures, na que residen algo menos de tres mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. Esta parroquia dependía daquela da xurisdicción de Padrón con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos a parroquia antes chamada de San Xulián de Requeixo foi integrada, dentro do conxunto do partido xudicial de Caldas de Reis, no concello de Valga. No ano 1822 chegou a funcionar o concello de Requeixo integrado por esta parroquia e a de Campaña. Esta situación mantense ata o mes de outubro do ano 1925, data na que se constitúe o concello de Pontecesures coa súa configuración actual, logo da súa previa constitución como entidade local menor.
Institución arquivística Arquivo municipal de Pontecesures
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A documentación que recolle esta 1ª división de sección contén expedientes de procedementos civís, contencioso-administrativo, económico-administrativos, laborais e penais, os expedientes de recursos administrativos, os ditames e informes e as sentenzas. Os administrados teñen como primeira vía de reclamación na defensa dos seus dereitos o recurso ante o propio órgano do concello cando unha decisión do mesmo sexa considerada lesiva ou inxusta. Estes recursos e reclamacións, cos oportunos informes de letrados e técnicos municipais, resolven estas reclamación de carácter patrimonial, urbanístico ou facendístico. Noutras ocasión son o primeiro paso para o inicio dunha subseguinte vía xudicial ante o órgano oportuno por parte do interesado ou mesmo da propia administración local. Dentro dos expedientes xurídicos podemos atopar distintos tipos de procedementos, con simples informes ou ditames, redactados polo propia administración O recurso contencioso-administrativo é unha acción dos administrados, membros da corporación ou outras administracións públicas, ante a Xurisdición contencioso-administrativa, contra os actos e acordos das Entidades Locais que poñan fin á vía administrativa ou fagan imposible ou suspendan a súa continuación, previa interposición do recurso de reposición nos casos que proceda. A reclamación económico-administrativa, é efectuada polos administrados ante o Tribunal económico-administrativo provincial, fronte a determinadas resolucións de natureza tributaria, orzamentaria ou de normativa fiscal emanadas do Concello, en defensa dos seus intereses.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Pontecesures (Tema) (Creador)