ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.206
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Ordenanzas fiscais (1971)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36061.AM.VILNOV.2.GF001.F0001.SF0013.S0169.33/18

  • Título Ordenanzas fiscais (1971)

  • Data(s) 1971 (Creación)

  • Volume e soporte 1 agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Vilanova de Arousa(1836-) O concello de Vilanova de Arousa está situado na ría de Arousa ó oeste da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos da Illa de Arousa, Caldas de Reis, Portas, Meis, Ribadumia, Cambados e Vilagarcía de Arousa. Ocupa na actualidade unha superficie próxima ós trinta e seis quilómetros cadrados cun total de sesenta e unha entidades de poboación dispersas nas súas seis parroquias: András, Baión, Caleiro, Deiro, Tremoedo e Vilanova de Arousa, nas que residen algo máis de once mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían da xurisdicción de Vilanova de Arousa, con señorío do arcebispo de Santiago, e do couto de Deiro, con señorío do marqués de Monte Sacro. No período preconstitucional e neste territorio chegaron a funcionar os concellos de Baión, Vilanova e a Illa de Arousa. No proceso de establecemento constitucional dos concellos dependía do Partido Xudicial de Cambados. Será no ano 1836, dentro da planificación definitiva para o antedito Partido Xudicial, cando se establece, xunto cos outros concellos de Sanxenxo, O Grove, Meaño, Meis, Lois, Carril, Vilagarcía e Vilaxoán, o concello de Vilanova de Arousa formado por cinco parroquias: Vilanova, A Illa, Tremoedo, Baión e Caleiro. Posteriormente, no ano 1843, anexionaríase a parroquia de András, instalada inicialmente no concello de Vilaxoán e a parroquia de Deiro, segregada do concello de Cambados en 1854. Unha última modificación significativa foi a segregación da Illa de Arousa para formar un concello independente, vella reivindicación veciñal que rematou no ano 1996.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vilanova de Arousa

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente de ordenanzas fiscais: * Do arbitrio sobre riqueza rústica e pecuaria (1971). * Ordenanza fiscal sobre prestación persoal e de transportes (1971). * Recargo sobre a licenza fiscal do Imposto sobre Actividades e Beneficios Industriais e Comerciais (Imposto Industrial) e do Imposto sobre os Rendementos do Traballo Persoal (profesionais) (1971). * Ordenanza fiscal do arbitrio sobre soares sen edificar (1971). * Ordenanza fiscal sobre carruaxes, cabalerías de luxo e velocípedos (1971). * Ordenanza fiscal de Contribución de Usos e Consumos. * Expediente sobre as disposicións comúns a exacción de todos os arbitrios municipais (1971). * Expediente de tramitación, aprobación e exposición ó público das ordenanzas e tarifas de exaccións municipais (1971). * Ordenanza fiscal sobre ocupación da vía pública con escombros, andamios, valados , puntais e asnillas (1971). * Ordenanzas fiscasis sobre ocupación da vía pública con mesas, botilleras e establecementos análogos (1971). * Ordenanza fiscal sobre postos de venda na praza de abastos.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Vilanova de Arousa (Tema) (Creador)

Área de control da descrición