Fondos
CONTRATACIÓN
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36050.AM.SALV.2.GF001.F0003.SF026.S0239.6
Título CONTRATACIÓN
Data(s) 1926-2012 (Creación) 1926-00-00 - 2012-00-00 (Produción)
Volume e soporte 48 unidades de instalación con 392 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Salvaterra de Miño(1836-2015) O territorio do concello de Salvaterra de Miño sitúase no sur da provincia de Pontevedra, bañado polo río Miño que lle serve de fronteira con Portugal; ademais linda cos concellos de Ponteareas, As Neves, Salceda de Caselas e Mondariz. Ocupa unha superficie superior ós cincuenta e oito quilómetros cadrados, con duascentas trinta e seis entidades de poboación dispersas nas súas dezasete parroquias actuais: Alxán, Arantei, Cabreira, Corzáns, Fiolledo, Fornelos, Leirado, Lira, Lourido, Meder, Oleiros, Pesqueiras, Porto, Salvaterra, Soutolobre, Uma, e Vilacoba, nas que residen algo máis de nove mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra, dentro do Partido Xudicial de Ponteareas. A totalidade das parroquias dependían daquela das xurisdiccións de Salvaterra e As Achas, con señorío do conde de Salvaterra; da de Sobroso, con señorío do marqués de Sobroso, e dos cotos de Penafurada e Porto, con señorío do conde de Amarante e da Encomenda de Beade respectivamente. Iniciado o proceso de constitución dos concellos nos inicios do século dezanove chegaron a funcionar os concellos de Fornelos e Salvaterra neste territorio. Xa no proceso definitivo créase o concello de Salvaterra coa configuración actual, dentro do Partido Xudicial de Ponteareas, cun total de dezaoito parroquias. Posteriormente producirase a supresión da parroquia de Penafurada, fusionándose coa súa matriz de Oleiros, quedando as dezasete actuais. Por outra parte o concello completará a súa denominación oficial como Salvaterra de Miño no ano 1907.
Institución arquivística Arquivo municipal de Salvaterra de Miño
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A documentación que recolle esta 1ª división de sección contempla todo o relativo aos procesos de contratación, nas súas modalidades diferenciadas, de acordo coa lexislación vixente en cada momento. 2.6.1.- Expedientes de contratación Expediente que se tramita para convir a forma de subministración de material, de execución de obras ou de prestación de servizos, que adoptan a fórmula da contratación directa, reservada a aquelas contratación que se poden acometer, dependendo da lexislación a aplicar en cada momento, sen procedementos especiais de publicidade ou libre concorrencia, habitualmente de menor contía e procedemento máis simplificado. 2.6.2.- Expedientes de concursos, poxas e concurso-poxa Expedientes que recolle as fórmulas de contratación reguladas, habituais nos procesos de contratación de maior contido ou valor económico. Os expedientes teñen as bases dos proceso, a presentación de oferta, a valoración das mesmas e a adxudicación da obra ou servizo a contratar. 2.6.3.- Libro rexistro de plicas Libro no que se rexistran os sobres pechados e selados que conteñen as ofertas para as poxas ou concursos dos contratos municipais 2.6.4.- Poxas de madeira Conxunto diverso de documentos relacionados cos poxas dos produtos resultantes da explotación dos montes municipais no período en que a titularidade dos mesmos non era comunal, senón municipal. 2.6.5.- Devolución de fianzas Expediente para a devolución dunha fianza depositada no concello para responder do efectivo cumprimento das condicións dun contrato co mesmo, ou para poder participar nunha poxa ou concurso-poxa optando á adxudicación dunha obra e servizo en concorrencia con outras empresas. Poden aparecer incluídas dentro do oportuno expediente de contratación ou de forma individualizada a solicitude da empresa ou persoa depositaria da mesma.
Organizació
Esta 1ª división de sección, CONTRATACIÓN, está organizada nas seguintes series documentais: 2.- ADMINISTRACIÓN: 2.6.- CONTRATACIÓN: 2.6.1.- Expedientes de contratación 2.6.2.- Expedientes de concursos, poxas e concurso-poxa 2.6.3.- Libro rexistro de plicas 2.6.4.- Poxas de madeira 2.6.5.- Devolución de fianzas
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Salvaterra de Miño (Tema) (Creador)