ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Contribución territorial urbana

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36015.AM.CUN.2.GF001.F0006.SF069.SF070.S0536.4

  • Título Contribución territorial urbana

  • Data(s) 1864-2012 (Creación)

  • Volume e soporte 40 unidades de instalación con 94 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Cuntis(1836-) O concello de Cuntis sitúase ó noroeste da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos da Estrada, Campo Lameiro, Moraña, Caldas de Reis e Valga. Ocupa unha superficie superior ós setenta e nove quilómetros cadrados cun total de setenta e oito entidades de poboación dispersas nas súas oito parroquias: Arcos, Cequeril, Couselo, Cuntis, Estacas, Piñeiro, Portela e Troáns, nas que residen algo máis de seis mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían da xurisdicción de Baños na que o señorío correspondía ó arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, crearase no ano 1836, dentro da planificación definida para o antedito partido xudicial, o concello de Cuntis coas mesmas parroquias e disposición territorial que hoxe se mantén.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Cuntis

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Recolle a documentación do pagamento de imposto por contribución territorial por bens de natureza urbana, tanto os repartimentos e padróns, como a documentación para o seu mantemento: altas, baixas e modificacións de datos.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Cuntis (Tema) (Creador)

Área de control da descrición