Fondos
ES.GA.36038.ADPO.18.. ASOCIACIÓN DA PRENSA DE VIGO
ASOCIACIÓN DA PRENSA DE VIGO
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.18.
Título ASOCIACIÓN DA PRENSA DE VIGO
Data(s) 1930-1995 (Creación) 1930-00-00 - 1995-00-00 (Produción)
Volume e soporte 79 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade, con 537 expedientes ou agrupacións documentais
Área de contexto
Nome do produtor Asociación da Prensa de Vigo(1909-2015) A Asociación da Prensa de Vigo nace o domingo 21 de marzo de 1909 nos locais de Sociedade Coral “La Oliva” logo de varios intentos anteriores fallidos, sendo o seu primeiro presidente Miguel Fernández de Lema. Logo duns anos de actividade paralizada retómase con forza e renace no ano 1924, baixo a presidencia de Roberto Blanco Torres, non sen certas tensións. Xa dende 1933 empézase o intento de a edición da “Hoja” a iniciativa de Manuel Lustres Ribas, que será logo o seu director no primeiro número de 4 de maio de 1936, que foi requisado polas autoridades militares a pouco de saír. Dende aquela, con diversas problemáticas, talleres de edición, formatos..etc., supón un vehículo informativo e de expresión dependente da asociación que se editaba os luns en exclusiva, así como unha fonte de ingresos primordial para o seu funcionamento ata a súa desaparición, coincidindo coa publicación de diarios deportivos e nacionais tamén en luns. Haberá un intento bastante recente de editar unha “Hoja de los periodistas” que non tería moita continuidade. A perda de forza económica foi minguando o ofrecemento de servizos ós asociados e por causas diversas este movemento corporativo foi perdendo incidencia ata o seu estado actual.
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Historia arquivística O fondo documental foi recollido na propia sede da Asociación, daquela situada na rúa Marqués de Valladares, 23 - 1º, Vigo o día 18 de decembro de 2006. Logo dun proceso de limpeza e de eliminación de duplicados e impresos, procedeuse á súa organización e ordenación, partindo dun fondo documental que, agás parte de correspondencia, presentaba moita desorde. Os traballos foron desenvoltos por Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo, José Luis Castro Carpintero, María Eugenia Valenzuela Senn e Elena Aguete Landín.
Forma do ingreso Depositado polo presidente da Asociación de Periodistas de Vigo, Luis Fernando Ramos Fernández.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Constitúe un importante fondo documental para poder estudar a realidade dos protagonistas da prensa viguesa, especialmente no relacionado coa “Hoja del Lunes”. Destaca neste fondo a documentación referida ás actuacións dos órganos de goberno (Xunta Directiva e Asemblea Xeral) así como a derivada das relacións coas diferentes asociacións nacionais. É de interese tamén o control dos socios, tanto activos coma non, dende 1936 ata a actualidade, así como toda a referida a un variado conxunto de actividades (celebracións, premios, festa do deporte, asembleas profesionais...) que desenvolveu a asociación dende 1949. Boa parte do fondo ocúpano os testemuños do control económico e a propia correspondencia, así como o referido ao funcionamento da “Hoja del Lunes”.
Valoración, selección e eliminación Non se realizou ningún expurgo. Conservación total polo carácter testemuñal e informativo.
Novos ingresos Puidera nun futuro ampliarse este fondo con aportacións documentais hoxe espalladas pero que no seu día pertenceron a este fondo, que se están intentando recuperar polos responsables da Asociación.
Organizació
Este fondo está organizado no seguinte cadro de clasificación: 1.- ÓRGANOS DE GOBERNO 1.1.- Expedientes de sesións da Xunta Directiva (1966-1984) 1.2.- Libros de actas da Xunta Directiva (1937-1978) 1.3.- Expedientes de sesións da Asemblea Xeral (1965-1988) 1.4.- Libros de actas da Asemblea Xeral (1937-1984) 2.- SOCIOS 2.1.- Expedientes persoais (1936-1993) 2.2.- Axudas e mutualidades (1966-1993) 3.- ADMINISTRACIÓN 3.1.- Libro rexistro de entrada de correspondencia (1976-1994) 3.2.- Correspondencia (1943-1995) 3.3.- Asuntos xurídicos (1961-1986) 3.4.- Expedientes de persoal (1974-1982) 3.5.- Expedientes de patrimonio (1958-1982) 3.6.- Libro rexistro de saída de correspondencia (1976-1994) 4.- ACTIVIDADES 4.1.- Asembleas Nacionais / FNAPE (1949-1999) 4.2.- Premios, concursos (1957-1994) 4.3.- Festa do Deporte (1970-1983) 5.- “HOJA DEL LUNES” 5.1.- Correspondencia (1939-1968) 5.2.- Expedientes Hoja del Lunes (1961-1983) 5.3.- Hoja de los Periodistas (1993-1995) 6.- CONTROL ECONÓMICO 6.1.- Libro de caixa (1938-1987) 6.2.- Libro de contas correntes (1974-1976) 6.3.- Libro de inventarios e balances (1938-1947) 6.4.- Documentos contables (1949-1995) 7.- FOTOGRAFÍAS E MATERIAIS
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso O acceso é libre, coas restricións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas.
Condicións de reprodución A reprodución está limitada polas condicións de conservación.
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Estado de conservación da documentación: bo.
Instrumentos de descrición Base de datos en ATOM cun total de 537 rexistros
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais A colección completa da “Hoja del Lunes” foi depositada pola Asociación no seu día no arquivo municipal de Vigo
Existencia e localización de copias Non se coñecen
Unidades de descrición relacionadas No propio arquivo da Deputación consérvase un pequeno fondo da Unión de Periodistas de Pontevedra.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Asociación España Galicia Pontevedra Vigo Prensa
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Vigo
Nome dos puntos de acceso Asociación da Prensa de Vigo (Tema) (Creador)