Fondos
-
ES.GA.36059.AM.VILCRU.2. CONCELLO DE VILA DE CRUCES (FUNCIONAL)
S0964. Expediente de asistencia social
-
805/9. Expediente plan do paro obreiro da COTOP da Xunta de Galicia (1984)
-
806/4. Memoria resumo do programa de servizos sociais (1993)
-
807/1. Solicitude de subvención á Consellería de Familia para cursos de formación ocupacional (1994)
-
808/1. Memoria resumo do exercicio 1994 do programa de servizos sociais (1994)
-
1.229/5. Memoria do Plan anual concertado dos servizos sociais de atención primaria (1999)
-
1.230/1. Expediente de concesión de axuda económica a Asociación de axuda ó minusválido (2001)
-
1.230/7. Memoria do plan anual dos servizos sociais de atención primaria (2001)
-
1.230/8. Memoria da avaliación do proxecto do plan concertado para servizos sociais (2001)
-
159/17. Censo de minusválidos existentes do Concello de Vila de Cruces (1983)
-
159/18. Expediente de servizo social de base a desenvolver na comarca de Lalín (1984)
-
159/21. Correspondencia de saída de asistencia social (1987-1988)
-
807/14. Solicitude o departamento de servizos sociais de material do antigo centro de saúde (1994)
-
935/13. Programa de apoio as familias polas corporacións locais (1995-1996)
-
935/14. Plan anual do servizo social de atención primaria (1995)
-
935/15. Programa de eliminación barreiras arquitectónicas no Concello (1995)
-
935/17. Plan anual dos servizos sociais de atención primaria (1996)
-
1.102/21. Rexistro da RISGA (renda integración de Galicia) (1991-1998)
-
1.229/10. Memoria do Plan anual concertado dos servizos sociais de atención primaria (2000)
-
1.229/11. Memoria de avaliación do proxecto do plan concertado (2000)
-
1.385/16. Expediente de avaliación do Proxecto do Plan concertado (2003)
-
1.385/17. Expediente do Plan anual dos servizos sociais de atención primaria (2003)
-
2.287/38. Expediente de solicitude da Asociación de Minusválidos de Asturias de San Blas
Expediente de asistencia social
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36059.AM.VILCRU.2.GF003.F0013.SF125.S0964
Título Expediente de asistencia social
Data(s) 1948-2016 (Creación)
Volume e soporte 19 unidades de instalacións; 45 agrupacións documentais
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Vila de Cruces(1836-) O concello de Vila de Cruces sitúase ó norte da provincia de Pontevedra, na comarca do Deza, lindando coa provincia da Coruña e cos concellos de Silleda, Lalín e Agolada. Ocupa unha superficie total de 149 quilómetros cadrados cun total de 141 entidades de poboación dispersas en vinteoito parroquias diferentes: Añobre, Arnego, Asorei, Bascuas, Besexos, Bodaño, Brandariz, Camanzo, Carbia, As Cruces, Cumeiro, Duxame, Ferreirós, Fontao, Gres, Insua, Larazo, Loño, Losón, Merza, Obra, Oirós, Ollares, Piloño, Portodemouros, Sabrexo, Salgueiros e Toiriz, nas que residen ó redor de oito mil cincocentos habitantes. Esta área xeográfica formou parte das provincias de Lugo e Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían de diferentes xurisdiccións; a de Deza, na que o señorío correspondía ó Conde de Lemos; a de Abeancos con señorío do Conde de Monterrei; a de Camanzo con señorío do mosteiro de San Paio de Santiago; a de Carboeiro con señorío do mosteiro de San Martiño de Santiago; a de Caxide con señorío de D. José Pardo; a de Cira con señorío do Conde de Altamira; a de Piloño, con señorío do arcebispo de Santiago e os coutos de Brandomés e San Xusto de Dombodán. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegaron a funcionar concellos en Camanzo, Ferreirós, Piloño, Merza e Cruces; este proceso culmina en 1836, dentro do que era partido xudicial de Lalín, establecéndose os concellos de Dozón, Agolada, Carbia, Lalín, Chapa e Rodeiro. No caso de Carbia, queda integrado por vintesete parroquias, as que aínda hoxe o compoñen coa salvidade de escisión producida na parroquia de San Fiz de Besexos da que xurdiu a parroquia de Nosa Señora da Piedade das Cruces, aumentando así o número a vinteoito pero manténdose a superficie total. O cambio de nome polo actual de Vila de Cruces faise efectivo no mes de outubro do ano 1944.
Institución arquivística Arquivo municipal de Vila de Cruces
Área de contido e estrutura
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Vila de Cruces (Tema) (Creador)