Fondos
-
S0762. Licenzas de apertura de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas
1.711/1. Expediente relativo á concesión de licenza de actividade a Unión FENOSA para o aproveitamento hidroeléctrico dos saltos de San Xusto, Arroibal e Anllo (2000-2004)
Expediente relativo á concesión de licenza de actividade a Unión FENOSA para o aproveitamento hidroeléctrico dos saltos de San Xusto, Arroibal e Anllo (2000-2004)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36902.AM.CERCOT.4.GF002.F0008.SF098.S0762.1.711/1
Título Expediente relativo á concesión de licenza de actividade a Unión FENOSA para o aproveitamento hidroeléctrico dos saltos de San Xusto, Arroibal e Anllo (2000-2004)
Data(s) 2000-2004 (Creación)
Volume e soporte 1 agrupación documental
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo municipal de Cerdedo-Cotobade
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expediente relativo á concesión de licenza de actividade a Unión FENOSA para o aproveitamento hidroeléctrico dos saltos de San Xusto, Arroibal e Anllo. Contén: *Solicitude de anulación de licenza presentada por Carmen Fontenla Cortizo en representación da Coordinadora pola Defensa do Lérez, así como recurso de reposición presentado por Begoña Pardo Paz, María Jesús Quinta Celaya e Francisco José Rodríguez Estévez contra a resolución a cuxa virtude se concede licenza de obra e actividade a favor de Patrimonio del Lérez, S.L. *Expediente instruido a instancia de Augas de Galicia de modificación das características do aproveitamento hidroeléctrico integral na conca do río Lérez e notificación da resolución do recurso de reposición interposto polo concello de Cotobade contra resolución do presidente de Augas de Galicia que autoriza a Unión FENOSA -Generación S.A. a modificación da concesión para o aproveitamento hidroeléctrico do río Lérez (2001). *Notificación do outorgamento dunha concesión de auga a ENGASA no río Almofrei, alegacións presentadas polo BNG contra o proxecto de aproveitamento hidroeléctrico. *Plan Sectorial hidroeléctrico das concas hidrográficas Galicia Costa. *Expediente da Consellería de Industria e Comercio sobre información pública da solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución das instalacións e obras constitutivas dos saltos pertencentes ao aproveitamento hidroeléctrico do río Lérez: Centrales Anllo, Arroibal e San Xusto. *Solicitude de licenza de actividade de Rosario Arroeo Brotóns en representación de Unión FENOSA Energías Especiales, S.A. para as centrais de Anllo, Arroibal e San Xusto. * Expediente promovido por Patrimonio del Lérez, S.L. para a construción dunha central hidroeléctrica en San Xusto. *Recursos de reposición interpostos por José Manuel Tajes Fiuza en representación de Comunidade de Montes San Xurxo de Sacos e Lina Garrido Garrido contra licenza de obra e actividade concedida a Patrimonio del Lérez, S.L. *Informe xurídico de concesión de licenza por silencio administrativo a Unión FENOSA Energías Especiales, S.A. *Expediente contencioso - administrativo (Comunidade de Montes San Xurxo de Sacos demanda ao concello de Cotobade) e informe técnico de avaliación do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico "Salto de San Xusto" promovido por Unión FENOSA Generación S.A.
Ãrea de notas
Nota