ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.603
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.671

Fondos

CONCELLO DAS NEVES

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36034.AM.NEV.

  • Título CONCELLO DAS NEVES

  • Data(s) 1764-2019 (Creación) 1764-00-00 - 2019-02-26 (Produción)

  • Volume e soporte 3.138 unidades de instalación con 21.052 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello das Neves(1836-2015) O concello das Neves enclábase na comarca do Condado dentro do Partido Xudicial de Ponteareas; ten unha superficie total de 67 kilómetros cadrados e fórmano un conxunto de trece parroquias: San Pedro e Santa Eulalia de Batalláns, Cerdeira, Liñares, As Neves, Rubiós, Setados, Taboexa, Tortoreos, Vide e San Cibrán, San Xosé e Santiago de Ribarteme. Constitucionalmente créase o concello dentro do Partido Xudicial de Ponteareas, co nome de Setados, con capitalidade neste mesmo lugar e formado por doce parroquias. Será no ano 1904, creada xa a parroquia de As Neves segregada da de Setados e logo do traslado da capitalidade na década dos sesenta do século pasado, cando se faga efectivo o cambio de nome do concello pasando á denominación que hoxe se conserva.

  • Institución arquivística Arquivo municipal das Neves

  • Historia arquivística O arquivo municipal encóntrase na casa do concello, edificio singular en granito construído nos primeiros anos da década dos cincuenta e remozado no periodo comprendido entre 1985 e 1992. O local adicado específicamente á conservación do volume documental existente disponse no semisótano da casa do concello, con acceso dende o exterior e anexo á biblioteca municipal, ocupando na actualidade tres salas. Nestas instalacións leváronse a cabo no seu día obras para mellora-las condicións de habitabilidade, espacio, iluminación e ventilación, así como da seguridade necesaria para a axeitada conservación documental. De todo elo resultan tres salas rectangulares, con forma alongada, duns 70 metros cadrados de superficie, cunha altura próxima ós tres metros e medio, remozadas na súa totalidade, nas que se forn dispondo según o foi requerindo a capacidade de almacenamento a estanteria metálica na que ubica-las unidades de instalación. Contan ademáis estes locais con deshumidificador, ficheiro e mesa de consulta e traballo. O proceso de organización dos fondos documentais conservados no arquivo municipal das Neves por parte do Servizo Técnico do Patrimonio Documental iniciase por vez primeira no ano 1990, sobre unha documentación parcialmente organizada pero carente de instrumentos de descrición e cun nivel de conservación aceptable. A partires desta actuación desenvolveronse sucesivos procesos de actualización e reincorporación documental, así como a adaptación ó novo cadro de clasificación adoptado a nivel nacional nos últimos anos e a informatización dos instumentos de descrición, nos anos 1992, 1994, 1998, 2000, 2002, 2005, 2006, 2009, 2011, 2012, 2013 e 2019. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: José Luis Castro Carpintero Manuela González Rey Paula Fernández Bañuelos Carmen Touzón Fernández Roxelio Guillerme Pérez Agulla Begoña Pérez Losada Montserrat Romero Alonso Francisco Orge Ventín Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Isabel Couso Bravo Alberto Aramburu García-Pintos Antón Ulla Cobián Iria Chaves Moledo Paula Boullosa Rodríguez Diego González Gómez Sara Cajigal Faginas Raquel Castaño Corral Ana Isabel Delgado Iglesias Álvaro Pérez Montero

  • Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En todo caso o cambio de capitalidade, algún constatado proceso de reciclaxe de papel e as condicións ambientais implicaron a desaparición dunha parte de documentación que debería de existir, chegando de tódolos xeitos unha boa porcentaxe da mesma ata os nosos días. A maior parte do volumen documental corresponde ó seculo XX, resultado maiormente da xestión económica do concello e da prestación de variados servizos, especialmente os relacionados coas obras. Non presenta este fondo singularidades especiais, sendo notables as perdas nos libros de actas do antigo Concello de Setados.

  • Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.

  • Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.

  • Organizació

    CADRO DE CLASIFICACIÓN
    
    1.- GOBERNO:
    
    1.1.- CONCELLO/PLENO.
    1.2.- ALCALDE.
    1.3.- COMISIÓN DE GOBERNO/ PERMANENTE.
    1.4.- COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS.
    
    2.- ADMINISTRACIÓN:
    
    2.1.- SECRETARÍA.
    2.2.- REXISTRO.
    2.3.- PATRIMONIO.
    2.4.- PERSOAL:
    
    2.4.1.- ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL.
    2.4.2.- DISCIPLINA E CONTROL.
    2.4.3.- CLASES PASIVAS/ S.S./ MUTUALIDADES.
    2.4.4.- SELECCIÓN DE PERSOAL.
    2.4.5.- REPRESENTACIÓN DO PERSOAL.
    
    2.5.- SERVIZOS XURÍDICOS.
    2.6.- CONTRATACIÓN.
    2.7.- ARQUIVO.
    
    3.- SERVIZOS:
    
    3.1.- OBRAS E URBANISMO:
    
    3.1.1.- PLANIFICACIÓN.
    3.1.2.- PLANS DE OBRAS E SERVIZOS.
    3.1.3.- OBRAS MUNICIPAIS.
    3.1.4.- OBRAS PARTICULARES.
    3.1.5.- INDUSTRIAS.
    
    3.2.- SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS.
    3.3.- ABASTECEMENTOS E CONSUMOS:
    
    3.3.1.- ABASTOS E CONSUMOS.
    3.3.2.- MATADOIRO.
    3.3.3.- AUGA.
    3.3.4.- OMIC.
    3.3.5.- PÓSITO.
    
    3.4.- TRANSPORTES.
    3.5.- SEGURIDADE CIDADÁ.
    3.6.- SANIDADE.
    3.7.- BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL.
    3.8.- EDUCACIÓN.
    3.9.- CULTURA.
    3.10.- DEPORTES.
    3.11.- POBOACIÓN.
    3.12.- QUINTAS E MILICIAS.
    3.13.- ELECCIÓNS.
    
    4.- FACENDA:
    
    4.1.- INTERVENCIÓN:
    
    4.1.1.- ASUNTOS XERAIS.
    4.1.2.- PRESUPOSTOS ORDINARIOS.
    4.1.3.- PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS.
    4.1.4.- PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS.
    
    4.2.- FINANCIAMENTO E TRIBUTACIÓN:
    
    4.2.1.- IMPOSTOS.
    4.2.2.- TAXAS.
    
    4.3.- TESOURARÍA:
    
    4.3.1.- CAIXA.
    4.3.2.- RECADACIÓN.
    4.3.3.- CONTAS BANCARIAS.

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.

  • Condicións de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.

  • Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados. Inventario somero en papel, publicado e informatizado, cun total de 3.348 rexistros. Inventario detallado en ficha e informatizado, cun total de 11.689 rexistros.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).

  • Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.

Área de notas

  • Nota Polas características propias da Institución, o Arquivo Municipal das Neves exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello das Neves (Tema) (Creador)

Área de control da descrición