Fondos
4. Expedientes de asistencia social
-
357/1. Expediente de ingresos no Hospital Provincial (1956-1958)
-
357/3. Expediente de ingresos no Hospital provincial de Pontevedra (1968)
-
361/4. Axudas do Fondo Nacional de Asistencia Social (1969-1970)
-
361/7. Solicitude de axuda ó Fondo Nacional de Asistencia Social por enfermidade (1973)
Expedientes de asistencia social
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36027.AM.MEA.2.GF003.F0013.SF125.S0964.4
Título Expedientes de asistencia social
Data(s) 1956-2017 (Creación)
Volume e soporte 227 unidades de instalación con 3.527 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade.
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Meaño(1836-2015) O concello de Meaño sitúase no oeste da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Ribadumia, Meis, Poio, Sanxenxo e Cambados, dentro do que se coñece como Comarca do Salnés. Conta cun total de 58 entidades de poboación dispersas en sete parroquias diferentes: Covas, Dena, Lores, Meaño, Padrenda, Simes e Xil, nas que residen algo máis de seis mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían de dúas xurisdiccións: a da Lanzada na que o señorío correspondía ó arcebispo de Santiago e que ocupaba as parroquias de Covas, Dena, Xil, Lores, Meaño e Padrenda; e o couto de Simes con xurisdiccións do mosteiro de San Xoán de Poio. No proceso de establecemento constitucional dos concellos culminado en 1836, dentro do que entón era partido xudicial de Cambados, establécense os concellos de Carril, Vilaxoán, Meaño, Meis, Sanxenxo, O Grove, Cambados, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa. No caso de Meaño queda integrado polas sete parroquias que aínda hoxe o compoñen e non se ten producido modificación ningunha na súa configuración ó longo dos anos.
Institución arquivística Arquivo municipal de Meaño
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Os expedientes de asistencia social abranguen de novo un amplo listaxe de series específicas que se poden xerar non seu seo, seguindo Os expedientes de prestación social como expedientes tramitados polos concellos para atender calquera tipo de demanda asistencial dos seus veciños -orfos, anciáns, menonres, discapacitados, pobres, entre outras moitas-, por si ou ante outras administracións, entendendo o concepto de prestación social en sentido amplo. Os expedientes de adxudicación e rehabilitación de vivendas, elaborados coa finalidade de adxudicar as vivendas de protección oficial e similares por parte dos concellos así como de tramitar axudas para rehabilitar vivendas en estado precario ou con propietarios con escasos recursos económicos, independentemente do organismo de que proveñan. Expedientes de subvencións, nons cales habería que encadrar toda aquela documentación referente á tramitación de subvencións por parte das corporacións locais ante outras administracións co obxectivo de financiar os seus programas de asistencia social. En moitas ocasións, os centros sociais como por exemplo centros da terceira idade, centros de día, residencias de anciáns, etc..., dependen organicamente dos concellos polo cal xeran unha documentación específica cun desenvolvemento especial en función das súas actividades que debe ser organizada e descrita segundo esas características peculiares. O mesmo podemos dicir das fundacións, promovidas e patrocinadas polos concellos como un medio de involucrar a outros sectores e organismos sociais, públicos ou privados, para potenciar a atención e cobertura das demandas existentes nons municipios en materia de asistencia social.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Meaño (Tema) (Creador)