ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.590
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.660

Fondos

CONCELLO DE ARBO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36001.AM.ARB.

  • Título CONCELLO DE ARBO

  • Data(s) 1837-2019 (Creación) 1837-00-00 - 2019-06-17 (Produción)

  • Volume e soporte 2.917 unidades de instalación con 19.584 agrupacións documentais en soporte papel a súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Arbo(1936-2015) O concello de Arbo encrávase no sur de Galicia, con fronteira con Portugal que discorre ó longo do río Miño. Pertence xeograficamente á comarca do Paradanta xunto cos concellos lindantes de Crecente, A Cañiza e mais o de Covelo; xudicialmente intégrase no Partido de Ponteareas logo da supresión do Partido Xudicial da Cañiza. Conta cun total de 144 entidades de poboación dispersas en seis parroquias diferentes: Arbo, Barcela, Cabeiras, Cequeliños, Mourentán e Sela, nas que residen ó redor de cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían de dúas xurisdiccións: a rexentada polo marqués de la Sierra, que abarcaba as parroquias de Cequeliños e Mourentán; e a do conde de Salvaterra, que incluía as parroquias de Arbo, Barcela, Cabeiras e Sela. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegan a existir os de Barcela, Arbo e Alveos ata a definitiva proposta de 1836 pola que xorden dentro do partido xudicial da Cañiza, entón establecido, os concellos de Arbo, Covelo, A Cañiza e Crecente. O concello de Arbo mantense dende aquela ata a actualidade coa mesma disposición xeográfica e integrada polo mesmo número de parroquias.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Arbo

  • Historia arquivística A casa do concello é unha edificación de 1932, cun bo estado de conservación, distribuída en baixo e planta á que se lle fixo unha reforma que permitiu o seu desenvolvemento en altura mediante o aproveitamento do baixo cuberta, espazo no que se situaron logo da ampliación dúas salas que acolleron o arquivo municipal. Esta reforma conlevou o traslado do arquivo dende a planta baixa ata esta nova localización, garantindo unha superficie abondo para os fondos existentes daquela. O paso dos anos fixo insuficiente estas instalacións e decidíuse no ano 2009 trasladar unha parte do arquivo municipal a unha sala da planta baixa do edificio Pazos, á carón da oficina de Correos (rúa Luis Cubelas, 1). O proceso de organización inicial da documentación levouse a cabo en 1992, con posteriores incorporacións documentais nos anos 1997, 1998, 2001, 2005, 2009, 2011, 2013, 2016 e 2019; sería en 1997 cando se fixo a reorganización e adaptación ó novo cadro de clasificación , así como a informatización dos instrumentos de descrición. Este conxunto de traballos de organización e descrición documental foron levados a cabo por: José Luis Castro Carpintero Esther Fernández Pérez Manuela González Rey María del Carmen Pereira Pazos María Begoña Pérez Losada Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Ana Prieto Bereijo Carmen Touzón Fernández María Teresa Túñez Landín María José Villanueva Viñas Mónica Núñez Carro Jacobo Domínguez Pedreira Alberto Aramburu García-Pintos Iria Chaves Moledo Antón Ulla Cobián Paula Boullosa Rodríguez Diego González Gómez Rocío Carballo López Lucas Ferreiros Ruiz Leticia García Otero En 2019 Sara Cajigal Faginas, Raquel Castaño Corral, Ana Isabel Delgado Iglesias e Álvaro Pérez Montero.

  • Forma do ingreso Por transferencia directa o arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Son evidentes as perdas documentais especialmente de fondos do século XIX, entre elas os libros de actas do Pleno anteriores a 1848, entre outros. En todo caso series documentais coma as eleccións consérvanse, con certa descontinuidade, dende 1862; a documentación presupostaria dende 1845; a referida á contribución territorial dende 1844 ou mesmo os padróns de habitantes e similares dende 1837.

  • Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.

  • Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental e polo funcionario encargado do arquivo.

  • Organizació

    CADRO DE CLASIFICACIÓN
    
    1.- GOBERNO:
    
    1.1.- CONCELLO/PLENO.
    1.2.- ALCALDE.
    1.3.- COMISIÓN DE GOBERNO/ PERMANENTE.
    1.4.- COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS.
    
    2.- ADMINISTRACIÓN:
    
    2.1.- SECRETARÍA.
    2.2.- REXISTRO.
    2.3.- PATRIMONIO.
    2.4.- PERSOAL:
    
    2.4.1.- ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL.
    2.4.2.- DISCIPLINA E CONTROL.
    2.4.3.- CLASES PASIVAS/ S.S./ MUTUALIDADES.
    2.4.4.- SELECCIÓN DE PERSOAL.
    2.4.5.- REPRESENTACIÓN DO PERSOAL.
    
    2.5.- SERVIZOS XURÍDICOS.
    2.6.- CONTRATACIÓN.
    2.7.- ARQUIVO.
    
    3.- SERVIZOS:
    
    3.1.- OBRAS E URBANISMO:
    
    3.1.1.- PLANIFICACIÓN.
    3.1.2.- PLANS DE OBRAS E SERVIZOS.
    3.1.3.- OBRAS MUNICIPAIS.
    3.1.4.- OBRAS PARTICULARES.
    3.1.5.- INDUSTRIAS.
    
    3.2.- SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS.
    3.3.- ABASTECEMENTOS E CONSUMOS:
    
    3.3.1.- ABASTOS E CONSUMOS.
    3.3.2.- MATADOIRO.
    3.3.3.- AUGA.
    3.3.4.- OMIC.
    3.3.5.- PÓSITO.
    
    3.4.- TRANSPORTES.
    3.5.- SEGURIDADE CIDADÁ.
    3.6.- SANIDADE.
    3.7.- BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL.
    3.8.- EDUCACIÓN.
    3.9.- CULTURA.
    3.10.- DEPORTES.
    3.11.- POBOACIÓN.
    3.12.- QUINTAS E MILICIAS.
    3.13.- ELECCIÓNS.
    
    4.- FACENDA:
    
    4.1.- INTERVENCIÓN:
    
    4.1.1.- ASUNTOS XERAIS.
    4.1.2.- PRESUPOSTOS ORDINARIOS.
    4.1.3.- PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS.
    4.1.4.- PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS.
    
    4.2.- FINANCIAMENTO E TRIBUTACIÓN:
    
    4.2.1.- IMPOSTOS.
    4.2.2.- TAXAS.
    
    4.3.- TESOURARÍA:
    
    4.3.1.- CAIXA.
    4.3.2.- RECADACIÓN.
    4.3.3.- CONTAS BANCARIAS.

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.

  • Condicións de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais

  • Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.

  • Existencia e localización de copias Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.

  • Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.

Área de notas

  • Nota O arquivo do concello supón un sistema arquivístico simple, coa función de recoller, conservar e servir a documentación xerada no decurso da xestión administrativa nas oficinas do concello. Carece aínda dunha estructura propia e diferenciada que nos permita considerar a existencia dun arquivo na totalidade e amplitude do termo.

Puntos de acceso

Área de control da descrición