ATOPO
Rexistros actuais: 1.187.557
Obxectos dixitais dispoñibles: 427.119

Fondos

CONCELLO DE RIBADUMIA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36046.AM.RIB.

  • Título CONCELLO DE RIBADUMIA

  • Data(s) 1849-2016 (Creación) 1849-00-00 - 2020-05-06 (Produción)

  • Volume e soporte 2.139 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade con 18.271 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Ribadumia(1842-2015) O concello de Ribadumia sitúase na comarca do Salnés, ó oeste da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Vilanova de Arousa, Meis, Meaño e Cambados. Ocupa unha superficie de dezaoito quilómetros cadrados cun total de trinta e seis entidades de poboación dispersas nas súas seis parroquias: Barrantes, Besomaño, Leiro, Lois, Ribadumia e Sisán, nas que residen case catro mil cincocentos habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían das xurisdiccións de Fefiñáns, con señorío do conde de Fefiñáns; da xurisdicción de San Tomé do Mar, con señorío do marqués de Monte Sacro; da de Vilanova de Arousa, con señorío do arcebispo de Santiago, e da de Vilagarcía de Arousa, con señorío do marqués de Vilagarcía. Xa no proceso de establecemento constitucional dos concellos, este territorio, integrado no Partido Xudicial de Cambados, foi adscrito inicialmente ó concello de Cambados. Será no ano 1841 cando se cree o concello de Ribadumia, accedendo ás reclamacións das parroquias de Ribadumia, Sisán, Barrantes, Leiro, Besomaño e Lois, segregándose de Cambados e constituíndo un novo concello, con capitalidade no lugar de Pereiro.O concello de Ribadumia sitúase na comarca do Salnés, ó oeste da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Vilanova de Arousa, Meis, Meaño e Cambados. Ocupa unha superficie de dezaoito quilómetros cadrados cun total de trinta e seis entidades de poboación dispersas nas súas seis parroquias: Barrantes, Besomaño, Leiro, Lois, Ribadumia e Sisán, nas que residen case catro mil cincocentos habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían das xurisdiccións de Fefiñáns, con señorío do conde de Fefiñáns; da xurisdicción de San Tomé do Mar, con señorío do marqués de Monte Sacro; da de Vilanova de Arousa, con señorío do arcebispo de Santiago, e da de Vilagarcía de Arousa, con señorío do marqués de Vilagarcía. Xa no proceso de establecemento constitucional dos concellos, este territorio, integrado no Partido Xudicial de Cambados, foi adscrito inicialmente ó concello de Cambados. Será no ano 1841 cando se cree o concello de Ribadumia, accedendo ás reclamacións das parroquias de Ribadumia, Sisán, Barrantes, Leiro, Besomaño e Lois, segregándose de Cambados e constituíndo un novo concello, con capitalidade no lugar de Pereiro.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Ribadumia

  • Historia arquivística Dispóñense estes fondos na propia casa do Concello, unha edificación en pedra con baixo e planta, construída en 1963 e recentemente ampliada lateralmente, de muros sólidos e con profusión de vans, na que destaca a existencia da torre, hoxe en día central, como elemento sobresaínte. A falla de planificación dun espacio específico para a conservación da documentación a producir deriva na busca de solucións provisionais, condicionadas pola estructura do edificio; neste caso habilitouse na antedita torre, unha sala cadrada de vintecinco metros cadrados, con ventilación e iluminación natural, na que se instalaron os equipamentos necesarios de estantes metálicos, ficheiro, mesa de consulta e deshumidificador. Co paso dos anos e a necesidade de dispor dun espacio suficiente para a conservación dos fondos que se ían producindo houbo que usar ademais o corredor de acceso a esta sala e completa-lo volume de estantes no centro do local principal. Na actualidade habilitouse un local no soto da Casa de Cultura para conservación dunha parte da documentación do arquivo, dotado de estantería metálica, procedéndose o traslado de parte dos fondos, quedando na casa do concello a documentación máis recente e de maior uso administrativo. O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1986, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación nos anos 1987,1991, 1997, 2001, 2004, 2005, 2007, 2011, 2012 e 2016. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Elena Aguete Landín Diego Ares Tapia Isabel Balchada Bermúdez José Luis Castro Carpintero Iria Chaves Moledo María del Carmen Fariña Fernández Lucas Ferreiros Ruiz Leticia García Otero Manuela González Rey Marta Lucio Gómez Estrella Omil Ignacio José Ramón Pérez Calvelo Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo María José Villanueva Viñas Alberto Aramburu García-Pintos Antón Ulla Cobián

  • Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A maior parte da documentación corresponde ó século vinte, con documentos ben conservados pero con notables carencias, entre as que é preciso menciona-los libros de actas do Pleno anteriores a 1912. No conxunto documental destaca principalmente aquel derivado da xestión e control urbanístico, tanto das obras propias como das dos particulares, e, sobre todo, do control presupostario, dende 1866, e da xestión tributaria.

  • Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.

  • Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.

  • Organización

    CADRO DE CLASIFICACIÓN
    
    1.- GOBERNO:
    
    1.1.- CONCELLO/PLENO.
    1.2.- ALCALDE.
    1.3.- COMISIÓN DE GOBERNO/ PERMANENTE.
    1.4.- COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS.
    
    2.- ADMINISTRACIÓN:
    
    2.1.- SECRETARÍA.
    2.2.- REXISTRO.
    2.3.- PATRIMONIO.
    2.4.- PERSOAL:
    
    2.4.1.- ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL.
    2.4.2.- DISCIPLINA E CONTROL.
    2.4.3.- CLASES PASIVAS/ S.S./ MUTUALIDADES.
    2.4.4.- SELECCIÓN DE PERSOAL.
    2.4.5.- REPRESENTACIÓN DO PERSOAL.
    
    2.5.- SERVIZOS XURÍDICOS.
    2.6.- CONTRATACIÓN.
    2.7.- ARQUIVO.
    
    3.- SERVIZOS:
    
    3.1.- OBRAS E URBANISMO:
    
    3.1.1.- PLANIFICACIÓN.
    3.1.2.- PLANS DE OBRAS E SERVIZOS.
    3.1.3.- OBRAS MUNICIPAIS.
    3.1.4.- OBRAS PARTICULARES.
    3.1.5.- INDUSTRIAS.
    
    3.2.- SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS.
    3.3.- ABASTECEMENTOS E CONSUMOS:
    
    3.3.1.- ABASTOS E CONSUMOS.
    3.3.2.- MATADOIRO.
    3.3.3.- AUGA.
    3.3.4.- OMIC.
    3.3.5.- PÓSITO.
    
    3.4.- TRANSPORTES.
    3.5.- SEGURIDADE CIDADÁ.
    3.6.- SANIDADE.
    3.7.- BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL.
    3.8.- EDUCACIÓN.
    3.9.- CULTURA.
    3.10.- DEPORTES.
    3.11.- POBOACIÓN.
    3.12.- QUINTAS E MILICIAS.
    3.13.- ELECCIÓNS.
    
    4.- FACENDA:
    
    4.1.- INTERVENCIÓN:
    
    4.1.1.- ASUNTOS XERAIS.
    4.1.2.- PRESUPOSTOS ORDINARIOS.
    4.1.3.- PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS.
    4.1.4.- PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS.
    
    4.2.- FINANCIAMENTO E TRIBUTACIÓN:
    
    4.2.1.- IMPOSTOS.
    4.2.2.- TAXAS.
    
    4.3.- TESOURARÍA:
    
    4.3.1.- CAIXA.
    4.3.2.- RECADACIÓN.
    4.3.3.- CONTAS BANCARIAS.

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.

  • Condicións de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • Características físicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.

  • Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados. Inventario somero en papel, publicado e informatizado, cun total de 2.227 rexistros. Inventario detallado en ficha e informatizado, cun total de 12.334 rexistros.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...)

  • Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.

Puntos de acceso

Área de control da descrición

  • Identificador da institución DEPO00200775693