ATOPO
Rexistros actuais: 1.285.497
Obxectos dixitais dispoñibles: 428.455

Fondos

CONCELLO DE MORAÑA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36032.AM.MOR.1.

  • Título CONCELLO DE MORAÑA

  • Data(s) 1837-2013 (Creación)

  • Volume e soporte 2.305 unidades de instalación con 19.332 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Moraña(1836-2015) O territorio do Concello de Moraña sitúase no interior da provincia de Pontevedra E linda cos concellos de Campo Lameiro, Cuntis, Barro, Portas, Caldas de Reis e Pontevedra. Ocupa unha superficie superior ós corenta quilómetros cadrados con setenta e unha entidades de poboación dispersas nas súas nove parroquias: Amil, Cosoirado, Gargantáns, Lamas, Laxe, San Lourenzo de Moraña, Santa Xusta de Moraña, Rebón e Saiáns, nas que residen algo menos de cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Peñaflor con señorío do conde de Graxal, coa excepción do couto de Amil, con señorío da marquesa de Vilar. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, chegaron a funcionar os concellos de Saiáns e Moraña. No ano 1836 créase o Concello de Moraña como entidade local independente, practicamente coa configuración actual.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Moraña

  • Historia arquivística A casa do concello é unha edificación en pedra, distribuída en baixo, planta e aproveitamento baixo cuberta, que na actualidade é insuficiente para acoller todos os servizos que se prestan dende o concello. Neste edificio ocupa o arquivo un pequeno espacio no baixo cuberta que se foi reducindo co paso dos anos a fin de poder situar outros servizos e que derivou na necesidade de buscar un espacio fóra da casa do concello para a conservación documental, deixando este pequeno local para aquela documentación de tramitación recente ou de uso habitual. A tal fin rebozouse e reformouse unha antiga escola unitaria no mesmo casco urbano e así contar cun espacio de depósito, sanitarios, tratamento e consulta dos fondos documentais conservados no concello. Resulta un local de máis de setenta metros cadrados, con algo máis da metade dedicada á colocación de estantes nos que gardar a documentación. Neste local procedeuse á instalación en fases sucesivas dos equipamentos necesarios para a función de almacenamento e tratamento documental contando na actualidade cunhas condicións idóneas de habitabilidade, seguridade, illamento, ventilación e iluminación, así como con máis de cento cincuenta metros lineais de estantería metálica, deshumidificador, mesa de consulta e ficheiro. O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1989, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, incluído o traslado a un novo local, nos anos 1991, 2000, 2005, 2007, 2009, 2012 e 2016. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Elena Aguete Landín Isabel Balchada Bermúdez José Luis Castro Carpintero Iria Chaves Moledo Manuela González Rey Cristina Peleteiro Gallego Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Nuria de los Milagros Vázquez Gutiérrez Jacobo Domínguez Pedreira Isabel Couso Bravo Alberto Aramburu García-Pintos María Lede Pérez Alfonso Gómez Martín Francisco Orge Ventín Lara María Moldes González Miguel Martínez Puig Olalla Barreiro Molano Rita María Fernández Domínguez Mª del Mar Lemiña Lemus Ángela López Prieto

  • Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A práctica totalidade dos fondos corresponden ó século vinte con apenas setenta expedientes do dezanove. Entre as perdas documentais destacan os libros de actas dende 1850 a 1886 ou os da Xunta Municipal de Asociados, anteriores a 1895. A documentación electoral non vai máis alá de 1949 coa excepción dunha referencia á cita electoral do ano 1925. Os padróns de habitantes teñen testemuños dende 1901 e a documentación presupostaria dende 1886 con certa continuidade, resultando ser o fondo máis voluminoso.

  • Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.

  • Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.

  • Organización

    CADRO DE CLASIFICACIÓN
    
    1. GOBERNO
    
    1.1. CONCELLO / PLENO 1837-2011 74
    1.2. ALCALDE 1919-2011 36
    1.3. COMISIÓN DE GOBERNO/ PERMANENTE 1924-2007 25
    1.4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS 1918-2011 30
    2. ADMINISTRACIÓN
    
    2.1. SECRETARÍA 1892-2011 86
    2.2. REXISTRO 1893-2010 269
    2.3. PATRIMONIO 1853-2006 26
    2.4. PERSOAL
     2.4.1. ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL 1909-2010 74
     2.4.2. DISCIPLINA E CONTROL 1919-2009 5
     2.4.3. CLASES PASIVAS/ S.S./ MUTUALIDADES 1881-2000 15
     2.4.4. SELECCIÓN DE PERSOAL 1903-2005 15
     2.4.5. REPRESENTACIÓN DO PERSOAL 1994 1
    2.5. SERVIZOS XURÍDICOS 1932-2005 10
    2.6. CONTRATACIÓN 1932-2011 59
    2.7. ARQUIVO 1896-2001 4
    3. SERVIZOS
    
    3.1. OBRAS E URBANISMO
     3.1.1. PLANEAMENTO 1989-2009 21
     3.1.2. PLANS DE OBRAS E SERVIZOS 1950-2008 61
     3.1.3. OBRAS MUNICIPAIS 1920-2010 215
     3.1.4. OBRAS PARTICULARES 1919-2011 266
     3.1.5. INDUSTRIAS 1936-2011 51
    3.2. SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS 1985-2004 15
    3.3. ABASTECEMENTOS E CONSUMOS
     3.3.1. ABASTOS E CONSUMOS 1942-2010 7
     3.3.2. MATADOIRO - -
     3.3.3. AUGA 1990-2009 7
     3.3.4. OMIC - -
     3.3.5. PÓSITO - -
    3.4. TRANSPORTES 1953-2008 8
    3.5. SEGURIDADE CIDADÁ 1900-2011 22
    3.6. SANIDADE 1901-2009 17
    3.7. BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL 1921-2009 66
    3.8. EDUCACIÓN 1900-2010 3
    3.9. CULTURA 1925-2011 45
    3.10. DEPORTES 1982-2011 11/td>
    3.11. POBOACIÓN 1897-2009 105
    3.12. QUINTAS E MILICIAS 1893-2001 35
    3.13. ELECCIÓNS 1925-2010 42
    4. FACENDA
    
    4.1. INTERVENCIÓN
     4.1.1. ASUNTOS XERAIS 1895-2005 4
     4.1.2. ORZAMENTOS ORDINARIOS 1886-2007 459
     4.1.3. ORZAMENTOS EXTRAORDINARIOS 1930-1983 9
     4.1.4. ORZAMENTOS DE INVERSIÓNS 1981 1
    4.2. FINANCIACIÓN E TRIBUTACIÓN
     4.2.1. IMPOSTOS 1859-2006 165
     4.2.2. TAXAS 1902-2009 9
    4.3. TESOURERÍA
     4.3.1. CAIXA 1886-2003 16
     4.3.2. RECADACIÓN 1930-2010 9
     4.3.3. CONTAS BANCARIAS 1976-2010 15

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.

  • Condicións de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • Características físicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.

  • Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados. Inventario somero en papel, publicado e informatizado. Inventario detallado en ficha e informatizado.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).

  • Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de materias

  • Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Moraña

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Moraña (Tema) (Creador)

Área de control da descrición

  • Identificador da institución DEPO00200794733