Fondos
ES.GA.36038.ADPO.3.. UNIÓN DE XORNALISTAS DE PONTEVEDRA
UNIÓN DE XORNALISTAS DE PONTEVEDRA
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.3.
Título UNIÓN DE XORNALISTAS DE PONTEVEDRA
Data(s) 1982-1990 (Creación)
Volume e soporte 3 unidades de instalación con 20 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade. Inclúe unha serie de materiais usados na Asociación: selos, anagramas.
Área de contexto
Nome do produtor Unión de Xornalistas de Pontevedra(1982-1985) A Unión de Xornalistas de Pontevedra foi creada a mediados do ano 1982 e funcionou ata mediados de 1985. Non coñecemos os seus estatutos nin a súa finalidade específica que, supoñemos, sería a defensa e mellora da súa actividade profesional. Organicamente contaba cunha xunta directiva e unha asemblea xeral. Estaba integrada na Federación Nacional de Unións de Xornalistas e tiña diferencias coa Asociación de Prensa da provincia. O seu presidente foi José Francisco Armesto e o vicepresidente Pedro Antonio Rivas.
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Historia arquivística Esta documentación entregoulla ó Arquivo para a súa custodia e tratamento no ano 1994 pola periodista Pilar Fariña cando se disolveu a asociación. A súa organización, baixo a dirección técnica de Miguel Pereira Figeroa, correspondeu aos técnicos do Arquivo César Manuel López Marras, María Eugenia Valenzuela Senn, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo e José Luis Castro Carpintero. Finalmente foi dixitalizada esta documentación dentro do proxecto eDepo "Dixitalización de fontes documentais, gráficas, sonoras e audiovisuais da Deputación de Pontevedra e os concellos da provincia".
Forma do ingreso Depósito
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A pesar de ser un fondo pouco voluminoso, tanto as actas coma a documentación dos seus afiliados pode ter certo interese para o coñecemento deste colectivo profesional. Ademais da documentación consérvanse así mesmo cuños, anagramas, diplomas e unha placa conmemorativa.
Valoración, selección e eliminación Non tivo expurgos. Conservación total polo carácter testimonial e informativo de dita asociación.
Novos ingresos Fondo pechado.
Organizació
Cadro de clasificación do fondo: 1.- ADMINISTRACIÓN: 1.1.- Libro de actas da Unión de Xornalistas (1982-1985). 1.2- Libros de contabilidade (1982). 1.3.- Libro de actas da Comisión de Admisión (1982). 1.4.- Expedientes persoais de socios (1982). 1.5.- Correspondencia (1982-1983). 2.- MATERIAIS ESPECIAIS (ca. 1982-ca. 1985).
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso O acceso é libre, coas restriccións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas.
Condicións de reprodución A reproducción está limitada polas condicións de conservación.
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Estado de conservación da documentación bo
Instrumentos de descrición Base de datos en ATOM, cun total de 20 rexistros.
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de documentos orixinais fora do arquivo.
Existencia e localización de copias Non se coñecen.
Unidades de descrición relacionadas Non se coñecen.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Asociación profesional España Galicia Pontevedra Pontevedra (Concello) Prensa
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Pontevedra (Concello)
Nome dos puntos de acceso Unión de Xornalistas de Pontevedra (Tema) (Creador)