ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Expediente de obra de ampliación da Casa do Concello de Soutomaior.

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36053.AM.SOU.2..GF002.F0007.SF083.SF085.S0663.2.236/1

  • Título Expediente de obra de ampliación da Casa do Concello de Soutomaior.

  • Data(s) 2002-2003 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Soutomaior(1836-) Soutomaior é un pequeno concello situado na costa pontevedresa, entre as áreas urbanas de Pontevedra e Vigo, enclavado nas cuncas dos ríos Verdugo e Oitavén, que o atravesan. Fórmano dúas únicas parroquias, Soutomaior e Arcade, nas que habitan algo máis de cinco mil habitantes. Pertencía este territorio á antiga xurisdición do seu mesmo nome, que abarcaba no seu día as parroquias de Soutomaior, Insua, Barbudo, Anceu, Forzáns, Berducido, Fornelos, Calvos, Traspielas e Pazos, correspondendo o seu señorío ó duque e señor de Soutomaior; á súa vez o coto de Arcade dependía do arcebispado de Santiago. A partir da creación das provincias e o establecemento constitucional dos concellos en 1936, xorde o concello de Soutomaior, integrado no Partido Xudicial de Redondela, xunto ós de Mos, Redondela e Pazos de Borbén. Formaban este municipio as parroquias de Arcade, Calvos, Estacas, Fornelos, Laxe, Soutomaior e Traspielas, cun total de 1.256 veciños e 5.244 almas. No ano 1870 prodúcese a segregación definitiva das parroquias de Calvos, Estacas, Fornelos, Laxe e Traspielas para formar o novo municipio de Fornelos de Montes, quedando o de Soutomaior formado polas parroquias que o compoñen hoxe en día.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Soutomaior

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente de obra de ampliación da Casa do Concello de Soutomaior. Contén: - Expediente de contratación. Procedemento negociado e urxente (2002). Adxudicatario: Construcciones Eiriña S.L. - Plan de Seguridade e Saúde presentado por Construcciones Eiriña, S.L. (2003).

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Soutomaior (Tema) (Creador)

Área de control da descrición