ATOPO
Rexistros actuais: 1.355.648
Obxectos dixitais dispoñibles: 499.442

Fondos

CONCELLO DE CALDAS DE REIS

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36005.AM.CAL.1

  • Título CONCELLO DE CALDAS DE REIS

  • Data(s) 1783-2014 (Creación) 1199 - 2020 (Produción)

  • Volume e soporte 4.498 unidades de instalación con 41.333 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Caldas de Reis(1836-2015) O concello de Caldas de Reis sitúase ó noroeste da provincia de Pontevedra lindando cos concellos de Valga, Cuntis, Moraña, Portas, Catoira, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa. Ocupa unha superficie próxima ós setenta quilómetros cadrados cun total de sesenta e seis entidades de poboación dispersas nas súas nove parroquias: Arcos da Condesa, que tamén é Entidade Local Menor, Bemil, Santa María de Caldas de Reis, San Tomé e Santa María de Caldas de Reis, Carracedo, Godos, Saiar, San Clemente de Cesar e Santo André de Cesar, nas que residen algo máis de nove mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían dun bo número de xurisdiccións: as de Baños, Caldas, Cesar, Peñaflor e Vilanova de Arousa; ademais existían os coutos de Arcos da Condesa e Saiar, cada un deles con señoríos diferentes, tanto eclesiásticos como dos veciños ou de diferentes membros da nobreza. No proceso de establecemento constitucional dos concellos, este territorio estaba integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, do que era capitalidade, e nel establecéronse ós concellos de Saiar e Caldas de Reis; será no ano 1836, dentro da planificación definitiva para o antedito partido xudicial, cando se creen ámbolos dous concellos, formado o de Saiar polas parroquias de Saiar e Santiago e Santa María de Godos; pola contra o concello de Caldas de Reis formábano ás parroquias de San Tomé e Santa María de Caldas, Arcos da Condesa, Carracedo, Bemil e Santo André e San Clemente de Cesar. No ano 1894 acórdase a supresión do concello de Saiar e a súa integración no de Caldas de Reis, culminando unha reclamación veciñal que viña xa do ano 1838. Ademais producíase a fusión administrativa das parroquias de Caldas e Godos nunha única en cada caso e dende 1946 funciona como Entidade Local Menor a parroquia de Arcos da Condesa con institucións, medios e sede propios.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Caldas de Reis

  • Historia arquivística Atópase o arquivo na propia casa do concello, unha edificación tradicional en pedra, de considerables dimensións, con baixo e planta e situada a carón do río Umia e da estrada N-550, que vai de Santiago a Tui. Logo da última actuación e tentando resolver a medio prazo o problema espacial que se viña arrastrando, o espazo dedicado a arquivo municipal ocupa a parte posterior do claustro central do edificio, distribuído en catro salas que rodean a pequena capela existente. Son algo máis de oitenta metros cadrados en total, con ventilación e iluminación natural suficiente; nestes locais instaláronse estantes metálicas para a disposición da totalidade da documentación conservada e aparatos deshumidificadores para a regulación da humidade ambiental. Ademais nun local conta con mesa de consulta e traballo, ordenador e ficheiro metálico para os instrumentos de descrición. O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1984, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación nos anos 1990 e 1991,así como de informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, nos anos 2000, 2001, 2007, 2009 e 2012. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: María del Consuelo Amoedo Lorenzo Elena Carro Cruz César Manuel López Marras María Jesús Núñez Portela Begoña Pérez Losada Damián Porto Rico Carmen Touzón Fernández Teresa Túñez Landín Jacobo Domínguez Pedreira Alfonso Ferreiro Monteagudo Isabel Couso Bravo Mercedes Estévez Ogando Mónica Núñez Carro Iria Chaves Moledo Olalla Barreiro Molano Francisco Orge Ventín

  • Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Pese a que a maior parte da documentación corresponde ó século XX aínda se aprecia un elevado volume documental do XIX, con documentos de quintas dende 1818, dos presupostos municipais dende 1821 ou con padróns de habitantes dende 1821, anque a máis significativa son os libros de nacidos, casados e defuntos dende 1841 ou das actas dos órganos colexiados de goberno tanto do Concello de Caldas de Reis como de Saiar conservados dende 1847; en todo caso tamén se aprecia, non poucas veces, un estado calamitoso e ilexible nun bo número de documentos antigos polos sucesivos avatares que teñen sufrido. Naquela documentación máis actual destaca especialmente a derivada da xestión e control urbanístico, das obras propias e dos particulares e, sobre todo, do control presupostario e da xestión tributaria.

  • Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.

  • Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.

  • Organizació

    CADRO DE CLASIFICACIÓN
    1. GOBERNO
    
    1.1. CONCELLO / PLENO 1847-2011 106
    1.2. ALCALDE 1823-2012 67
    1.3. COMISIÓN DE GOBERNO/ PERMANENTE 1924-2009 70
    1.4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS 1899-2011 19
    2. ADMINISTRACIÓN
    
    2.1. SECRETARÍA 1845-2011 195
    2.2. REXISTRO 1891-2010 358
    2.3. PATRIMONIO 1809-2008 70
    2.4. PERSONAL
     2.4.1. ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL 1834-2008 60
     2.4.2. DISCIPLINA E CONTROL 1879-2008 17
     2.4.3. CLASES PASIVAS/ SS / MUTUALIDADES 1919-1999 16
     2.4.4. SELECCIÓN DE PERSOAL 1950-2011 62
     2.4.5. REPRESENTACIÓN DO PERSOAL 1966-2003 4
    2.5. SERVIZOS XURÍDICOS 1813-2010 21
    2.6. CONTRATACIÓN 1850-2010 99
    2.7. ARQUIVO 1894-1985 3
    3. SERVIZOS
    
    3.1. OBRAS E URBANISMO
     3.1.1. PLANEAMENTO 1867-2009 67
     3.1.2. PLANS DE OBRAS E SERVIZOS 1946-2005 36
     3.1.3. OBRAS MUNICIPAIS 1821-2011 400
     3.1.4. OBRAS PARTICULARES 1850-2012 948
     3.1.5. INDUSTRIAS 1874-2012 270
    3.2. SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS 1799-1996 26
    3.3. ABASTECEMENTOS E CONSUMOS
     3.3.1. ABASTOS E CONSUMOS 1848-2012 23
     3.3.2. MATADOIRO 1950-1992 5
     3.3.3. AUGA 1873-2006 25
     3.3.4. OMIC - -
     3.3.5. PÓSITO - -
    3.4. TRANSPORTES 1860-1994 6
    3.5. SEGURIDADE CIDADÁ 1821-2012 88
    3.6. SANIDADE 1853-2008 33
    3.7. BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL 1849-2009 119
    3.8. EDUCACIÓN 1838-2008 31
    3.9. CULTURA 1882-2008 22
    3.10. DEPORTES 1965-2006 6
    3.11. POBOACIÓN 1824-1999 131
    3.12. QUINTAS E MILICIAS 1818-2001 114
    3.13. ELECCIÓNS 1836-2005 87
    4. FACENDA
    
    4.1. INTERVENCIÓN
     4.1.1. ASUNTOS XERAIS 1864-2007 21
     4.1.2. ORZAMENTOS ORDINARIOS 1821-2008 694
     4.1.3. ORZAMENTOS EXTRAORDINARIOS 1921-1984 17
     4.1.4. ORZAMENTOS DE INVERSIÓNS 1981-1986 2
    4.2. FINANCIACIÓN E TRIBUTACIÓN
     4.2.1. IMPOSTOS 1783-2010 336
     4.2.2. TAXAS 1874-2010 53
    4.3. TESOURERÍA
     4.3.1. CAIXA 1851-1984 33
     4.3.2. RECADACIÓN 1843-2007 19
     4.3.3. CONTAS BANCARIAS 1843-2008 49

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.

  • Condicións de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.

  • Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados. Inventario somero en papel, publicado e informatizado, cun total de 4.819 rexistros. Inventario detallado en ficha e informatizado, cun total de 25.486 rexistros.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).

  • Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.

Área de notas

  • Nota O arquivo do concello supón un sistema arquivístico simple, coa función de recoller, conservar e servir a documentación xerada no decurso da xestión administrativa nas oficinas do concello. Carece aínda dunha estructura propia e diferenciada que nos permita considerar a existencia dun arquivo na totalidade e amplitude do termo.

Puntos de acceso

Área de control da descrición