ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Expediente de constitución do Concello de Sanxenxo (1966-1967)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36051.AM.SAN.2.GF001.F0001.SF002.S0008.1/6

  • Título Expediente de constitución do Concello de Sanxenxo (1966-1967)

  • Data(s) 1966-1967 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Sanxenxo(1836-) O territorio do municipio de Sanxenxo sitúase a carón da costa atlántica, no oeste da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Meaño, O Grove e Poio e coas rías de Pontevedra e de Arousa. Ocupa unha superficie total superior ós corenta e catro quilómetros cadrados con cento quince entidades de poboación dispersas nas súas nove parroquias: Adina, Arra, Bordóns, Dorrón, Gondar, Nantes de Reis, Noalla, Padriñán e Vilalonga, nas que residen algo máis de quince mil habitantes con carácter estable. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción da Lanzada con señorío do arcebispo de Santiago na súa maior parte, compartido co duque de Patiño no caso de Vilalonga e con Juan Méndez no caso de Dorrón. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Cambados, chegaron a funcionar os concellos de Dorrón, Sanxenxo e Portonovo. No ano 1836 créase Sanxenxo como entidade local independente, coa configuración actual, que se mantén sen modificacións destacables agás a adscrición da illa de Ons ó concello de Bueu segregándoa do de Sanxenxo xa en 1844, a petición dos seus veciños e do marqués de Valladares daquela con señorío na illa.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Sanxenxo

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente de constitución do concello. Contén: * Relación de locais que se consideran aptos para a instalación dos colexios electorais para celebración do Referendo do día 14 de decembro de 1966. * Circular núm. 3/67: Ficha sobre composición definitiva dos concellos para o próximo trienio 1967-1969. * Copia certificada da acta de sesión extraordinaria de constitución do novo concello celebrada o día 5 de febreiro de 1967.

Área de notas

  • Nota E09 - Otros : - Hoja manchada. - Hoja de diferente tamaño. : 4, 5, 6, 7, 12, 13, 14, 15, 17, 18, 19, 20, 21 E01 - Página manchada: 8, 9, 10, 11, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31, 32, 33 E01 - Página manchada : - Hoja manchada. - Hoja de diferente tamaño. : 16

Puntos de acceso

Área de control da descrición