ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Expediente de arrendamento dun edificio de Manuel Otero Reboredo para Casa do Concello (1953-1957)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36051.AM.SAN.2.GF001.F0005.SF050.S0387.2.092/8

  • Título Expediente de arrendamento dun edificio de Manuel Otero Reboredo para Casa do Concello (1953-1957)

  • Data(s) 1953-1957 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Sanxenxo(1836-) O territorio do municipio de Sanxenxo sitúase a carón da costa atlántica, no oeste da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Meaño, O Grove e Poio e coas rías de Pontevedra e de Arousa. Ocupa unha superficie total superior ós corenta e catro quilómetros cadrados con cento quince entidades de poboación dispersas nas súas nove parroquias: Adina, Arra, Bordóns, Dorrón, Gondar, Nantes de Reis, Noalla, Padriñán e Vilalonga, nas que residen algo máis de quince mil habitantes con carácter estable. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción da Lanzada con señorío do arcebispo de Santiago na súa maior parte, compartido co duque de Patiño no caso de Vilalonga e con Juan Méndez no caso de Dorrón. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Cambados, chegaron a funcionar os concellos de Dorrón, Sanxenxo e Portonovo. No ano 1836 créase Sanxenxo como entidade local independente, coa configuración actual, que se mantén sen modificacións destacables agás a adscrición da illa de Ons ó concello de Bueu segregándoa do de Sanxenxo xa en 1844, a petición dos seus veciños e do marqués de Valladares daquela con señorío na illa.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Sanxenxo

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente de arrendamento de edificio na rúa Augusto González Besada en Sanxenxo, propiedade de Manuel Otero Reboredo, para casa consistorial durante as obras de reforma do Concello. Ano 1953. Contén: * Certificación do secretario do concello de relación de bens inmobles e de propios entregados á libre disposición. Ano 1957.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Sanxenxo (Tema) (Creador)

Área de control da descrición