ATOPO
Rexistros actuais: 1.187.557
Obxectos dixitais dispoñibles: 427.119

Fondos

CONCELLO DE SILLEDA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36052.AM.SIL.

  • Título CONCELLO DE SILLEDA

  • Data(s) 1858-2014 (Creación) 1858-00-00 - 2014-06-10 (Produción)

  • Volume e soporte 2.557 unidades de instalación con 29.303 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Silleda(1836-) O concello de Silleda sitúase no norte da provincia de Pontevedra, dentro da comarca do Deza, limitando cos de Vila de Cruces, Lalín, Forcarei e A Estrada. Ocupa un amplo territorio, cun total de 159 km2, no que residen uns dez mil habitantes nas 249 entidades de poboación distribuídas que se contabilizan dentro das trinta e tres parroquias coas que conta o concello: Abades, Ansemil, Breixa, Carboeiro, O Castro, Cerbaña, Cira, Cortegada, Chapa, Dornelas, Escuadro, Fiestras, Grava, Lamela, Laro, Manduas, Margaride, Martixe, Moalde, Negreiros, Oleiros, Parada, Pazos, Piñeiro, Ponte, Refoxos, Rellas, Saidres, Siador, Silleda, Taboada, Vilar e Xestoso. Todo este espacio territorial pertencía no Antigo Réxime ás provincias de Lugo e Santiago, e estaba asignado a catro xurisdiccións distintas: a xurisdicción de Trasdeza, dependente do arcebispo de Santiago; a xurisdicción de Cira, dependente do conde de Altamira, dos mosteiros de Oseira e Aciveiro e mais do arcebispo de Santiago; a xurisdicción de Carboeiro, dependente do conde de Lemos e do mosteiro de San Martiño de Santiago e, por último, da xurisdicción de Deza, dependente do conde de Lemos, do cabido de Santiago e dos mosteiros de Oseira e Aciveiro. Estas dúas últimas pertencían á provincia de Lugo e as dúas primeiras á de Santiago. A comezos do século dezanove, no medio dos avatares políticos e dos sucesivos vaivéns administrativos previos á estabilización constitucional, funcionaron neste territorio os concellos de Grava, Escuadro, Breixa, Manduas, Laro, Lamela, Taboada e Silleda. A partir do Real decreto de 23 de xullo de 1835, na definitiva configuración dos diferentes concellos do Partido Xudicial de Lalín, nace o concello de Chapa. A capitalidade deste trasládase, xa no ano 1838, a Silleda provocando unha serie de queixas dos veciños de Chapa, Cira, Dornelas e Castro. Posteriormente, no ano 1853 prodúcese o definitivo cambio de denominación polo actual de Silleda.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Silleda

  • Historia arquivística O arquivo municipal instalouse na planta baixo cuberta da propia casa do concello. Esta é unha sinxela edificación en pedra, situada no centro da vila á carón da estrada Santiago–Ourense, con baixo e planta, na que se instalan as oficinas e dependencias municipais e outros servizos do mesmo ámbito xeográfico coma o xulgado de paz. A estructura baixo cuberta ten o acceso mediante unha escaleira metálica interior dende a primeira planta, na que se atopan a maior parte das oficinas. Conta cunha superficie útil total de oitenta metros cadrados, divididos en múltiples habitáculos de escasas dimensións, condicionados pola estructura abufardada do conxunto. Do total da superficie da planta baixo cuberta unha zona está cedida ó xulgado de paz e outra dedicada a almacén dos materiais de oficina. Presenta en xeral este local, logo da última mellora, unhas aceptables condicións de habitabilidade e unha dotación de equipamentos suficiente para a instalación do fondo documental existente; en todo caso as deficiencia veñen da incomodidade do seu acceso e da excesiva parcelación interior do local. Combina na actualidade a estantería metálica e a de madeira, cun total de centro trinta metros lineais útiles. Conta con ficheiro pero carece de posibilidade de consulta no propio local. Este concello foi o primeiro da comarca do Deza no que se desenvolveron actuacións por parte do Servizo de Patrimonio Documental cara á organización do seu fondo documental. En 1988 levouse a cabo esta primeira organización, que se completaría máis recentemente, no ano 1995, cunha segunda fase tendente á reincorporación documental e á readaptación do proceso de clasificación adaptándose ó novo cadro de clasificación e a informatización dos instrumentos de descrición nos anos 1994, 1999, 2003, 2011 e 2015. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: María Josefa Piñón López María Jesús Abal Sabarís Juan Carlos Carballal Lata Ana María Casal Moreira Ana María Facal Meroñas Fernando de Frías Conde José Mario Gómez Penide José Ramón López Fernández Silvia Patiño Bouzas Inés Pájaro Porral José Luis Varela Ledo Jorge García García José Gago García-Brabo Alberto Aramburu García-Pintos

  • Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A práctica totalidade do fondo documental que nos chegou elaborouse no século XX, sendo apenas testemuñais os documentos que se conservan de finais do XIX. Soamente un libro copiador de correspondencia do período 1863-1910 e un padrón xeral de veciños de 1885 recordan neste arquivo a existencia do concello con anterioridade á década dos anos vinte do presente século. Esto supón que non se teñan conservado documentos da importancia das actas do e a propia documentación do concello de Chapa, antes de 1853; ou que as actas do Pleno do concello de Silleda soamente existan dende 1922. Polo demais, repítese neste caso a estructura habitual dos arquivos da nosa provincia. A metade das unidades documentais conteñen documentos ou expedientes da sección de Facenda, con especial referencia, polo tanto, á xestión presupostaria dende 1923, ou á recadación de taxas, arbitrios e impostos diversos. A sección Servizos supón o trinta e tres por cento do total, a maior parte refírese ás obras municipais e dos particulares, con testemuños dende 1924; así como as quintas, tamén dende 1924, sanidade, educación, poboación e mais eleccións. Finalmente, consérvase a documentación das seccións de Administración , que supón o catorce por cento do total, e de Goberno, que alcanza o tres por cento, nas que como documentos de especial interese atopamos as actas dos órganos colexiados do presente século e incompletas, xunto coa documentación producida polo Alcalde ou de referencia directa a este.

  • Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.

  • Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.

  • Organización

    CADRO DE CLASIFICACIÓN
    
    1.- GOBERNO:
    
    1.1.- CONCELLO/PLENO.
    1.2.- ALCALDE.
    1.3.- COMISIÓN DE GOBERNO/ PERMANENTE.
    1.4.- COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS.
    
    2.- ADMINISTRACIÓN:
    
    2.1.- SECRETARÍA.
    2.2.- REXISTRO.
    2.3.- PATRIMONIO.
    2.4.- PERSOAL:
    
    2.4.1.- ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL.
    2.4.2.- DISCIPLINA E CONTROL.
    2.4.3.- CLASES PASIVAS/ S.S./ MUTUALIDADES.
    2.4.4.- SELECCIÓN DE PERSOAL.
    2.4.5.- REPRESENTACIÓN DO PERSOAL.
    
    2.5.- SERVIZOS XURÍDICOS.
    2.6.- CONTRATACIÓN.
    2.7.- ARQUIVO.
    
    3.- SERVIZOS:
    
    3.1.- OBRAS E URBANISMO:
    
    3.1.1.- PLANIFICACIÓN.
    3.1.2.- PLANS DE OBRAS E SERVIZOS.
    3.1.3.- OBRAS MUNICIPAIS.
    3.1.4.- OBRAS PARTICULARES.
    3.1.5.- INDUSTRIAS.
    
    3.2.- SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS.
    3.3.- ABASTECEMENTOS E CONSUMOS:
    
    3.3.1.- ABASTOS E CONSUMOS.
    3.3.2.- MATADOIRO.
    3.3.3.- AUGA.
    3.3.4.- OMIC.
    3.3.5.- PÓSITO.
    
    3.4.- TRANSPORTES.
    3.5.- SEGURIDADE CIDADÁ.
    3.6.- SANIDADE.
    3.7.- BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL.
    3.8.- EDUCACIÓN.
    3.9.- CULTURA.
    3.10.- DEPORTES.
    3.11.- POBOACIÓN.
    3.12.- QUINTAS E MILICIAS.
    3.13.- ELECCIÓNS.
    
    4.- FACENDA:
    
    4.1.- INTERVENCIÓN:
    
    4.1.1.- ASUNTOS XERAIS.
    4.1.2.- PRESUPOSTOS ORDINARIOS.
    4.1.3.- PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS.
    4.1.4.- PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS.
    
    4.2.- FINANCIAMENTO E TRIBUTACIÓN:
    
    4.2.1.- IMPOSTOS.
    4.2.2.- TAXAS.
    
    4.3.- TESOURARÍA:
    
    4.3.1.- CAIXA.
    4.3.2.- RECADACIÓN.
    4.3.3.- CONTAS BANCARIAS.

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.

  • Condicións de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • Características físicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais

  • Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados. Inventario somero en papel, publicado e informatizado, cun total de 2.538 rexistros. Inventario detallado en ficha e informatizado, cun total de 9.774 rexistros.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).

  • Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Silleda (Tema) (Creador)

Área de control da descrición

  • Identificador da institución DEPO53200015637