ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. San Lourenzo de Salcidos e Santa Isabel de Camposancos (1945-1946)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36023.AM.GUA.2.GF001.F0006.SF069.SF070.S0533.1.883/1

  • Título Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. San Lourenzo de Salcidos e Santa Isabel de Camposancos (1945-1946)

  • Data(s) 1945-1946 (Creación)

  • Volume e soporte 1 libro

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello da Guarda(1836-2015) O concello da Guarda sitúase no sudoeste da provincia de Pontevedra, separado de Portugal polo río Miño na súa desembocadura, configurado polos montes do sistema da Grova, especialmente o de Santa Trega. Ten unha superficie superior ós 18 quilómetros cadrados, moi inferior á maior parte dos concellos de Pontevedra, nos que residen ó redor de dez mil habitantes asentados en 36 entidades de poboación, distribuídas en tres parroquias: Camposancos, A Guarda e Salcidos. Este territorio integrábase no antigo réxime en dúas xurisdiccións: a de Barrantes, que inclúe a parroquia de Camposancos, con señorío dos propios veciños e que derivará co tempo na constitución da súa Entidade Local Menor; e a xurisdicción da Guarda con señorío do bispo e Cabido de Tui, que incluía as parroquias da Guarda e Salcidos. Créase o concello constitucional da Guarda dentro do Partido Xudicial de Tui no ano 1836 cunha configuración ben diferente á actual, integrado daquela por sete parroquias cun total de 11.500 almas. Xa no ano 1844 iníciase o expediente de segregación das parroquias que darán lugar ó actual concello do Rosal (O Rosal, As Eiras e San Xoán e San Miguel de Tabagón), proceso que será efectivo en 1847, situación que se reverterá en 1851 e que se fará definitiva no ano 1854. Dentro deste concello no ano 1903 recoñécese de forma legal a Xunta Administrativa de Camposancos e en 1925 a creación definitiva da Entidade Local Menor que vén funcionando ata a actualidade nesta parroquia.

  • Institución arquivística Arquivo municipal da Guarda

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Declaracións xuradas de leiras rústicas. Parroquia de Salcidos (San Lourenzo). Dende Vicente a Villa. Parroquia de Camposancos (Santa Isabel). Dende Alfonso a Álvarez.

Área de notas

  • Nota E09 - Otros : Cambios de color o de tonalidad Mal encuadernado Adhesión de páginas: 6 E02 - Arrugas en el documento: 8, 9, 20, 92, 177, 189, 197, 243, 246, 289, 319, 415, 497, 545, 557, 613, 618, 627, 631, 911 E09 - Otros : Bordes irregulares: 178, 188 E09 - Otros : Cartulina : 216 E05 - Elemento no descartable: 443, 445 E06 - Texto oculto: 443, 445

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello da Guarda (Tema) (Creador)

Área de control da descrición