Fondos
3.172/1. Expediente sobre paralización de obras de construción de muro de peche (2006-2008)
Expediente sobre paralización de obras de construción de muro de peche (2006-2008)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36056.AM.VAL.2.GF001.F0002.SF025.S0227.3.172/1
Título Expediente sobre paralización de obras de construción de muro de peche (2006-2008)
Data(s) 2006-2008 (Creación)
Volume e soporte 1 agrupación documental
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Valga(1836-) O territorio do concello de Valga sitúase no noroeste da provincia de Pontevedra, configurado polo leito do río Ulla, lindando coa provincia da Coruña e cos concellos de Dodro, Pontecesures, A Estrada, Cuntis, Caldas de Reis e Catoira. Ocupa unha superficie superior ós trinta e oito quilómetros cadrados, con cincuenta e oito entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias actuais: Campaña, Cordeiro, Setecoros, Valga e Xanza, nas que residen máis de seis mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela das xurisdiccións de Cordeiro e de Padrón, ámbalas dúas con señorío do arcebispo de Santiago. Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século dezanove planéase inicialmente a creación do concello de Cordeiro, integrado por dez parroquias e con capitalidade no lugar de Forno; no remate do proceso modifícase sensiblemente esta pretensión inicial e xorden dous concellos diferentes: Valga, con seis parroquias, e Catoira, con outras catro, formando parte os dous do Partido Xudicial de Caldas de Reis. Posteriormente, en 1925, producirase a segregación da Entidade Local Menor de Pontecesures e, polo tanto, desa parroquia para formar un concello independente; o concello de Valga dende entón queda coa súa fisionomía actual.
Institución arquivística Arquivo municipal de Valga
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expediente do procedemento ordinario nº 232/06-CC interposto por José María Eiras Romero contra Decreto da Alcaldía de data 14-06-2006 sobre denegación do recurso de reposición interposto anteriormente contra Decreto 10/04/2006 de paralización de obras de construción de muro de peche sen licenza e sen gardar os retranqueos en A Devesa, nº 29, Campaña. Contén: - Sentenza nº 35/08. - Expediente de reposición da legalidade urbanística RLU 03/05 solicitada por José María Eiras Romero de obras de construción de muro de peche en A Devesa, nº 29 - Campaña. - Anexo nº 2 do proxecto de mellora do saneamento e solución os problemas de inundacións do concello de Valga presentado pola Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos da Consellería de Medio Ambiente. - Anexo nº 10 "Expropiacións e Servizos afectados" do proxecto da obra de mellora do saneamento e solución os problemas de inundacións no concello de Valga.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Valga (Tema) (Creador)