ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.404
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Reforma de aforro na iluminación pública no concello

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36019.AM.FORN.2.GF001.F0006.SF076.SF077.S0600.1.322/1

  • Título Reforma de aforro na iluminación pública no concello

  • Data(s) c.a. 2013 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental.

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Fornelos de Montes(1870-2015) O territorio do concello de Fornelos de Montes, que se sitúa no leste da provincia de Pontevedra, limita coa provincia de Ourense, no concello de Avión, e cos concellos de Ponte Caldelas, A Lama, Covelo, Mondariz, Pazos de Borbén e Soutomaior. Ocupa unha superficie superior ós setenta e sete quilómetros cadrados, con vintecatro entidades de poboación dispersas nas súas sete parroquias: Calvos, As Estacas, Fornelos de Montes, A Laxe, Oitavén, Traspielas e Ventín, nas que residen algo máis de dous mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Soutomaior, con señorío do duque de Soutomaior. Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século XIX intégranse estas parroquias no concello de Soutomaior, na división artellada para o Partido Xudicial de Redondela. Como tal, o concello de Fornelos de Montes foi creado no ano 1870, con cinco parroquias segregadas do concello de Soutomaior: Calvos, As Estacas, Fornelos de Montes, A Laxe e Traspielas, logo de varios intentos que comezaron xa en 1842. Con posterioridade, nos inicios do século XX, creáronse dúas novas parroquias, segregadas da de Fornelos de Montes, aínda que se mantivo a mesma superficie territorial do concello.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Fornelos de Montes

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Subvención do INEGA de aforro e eficencia enerxética a proxectos de renovación das instalacións de IPE existentes nos municipios de Galicia. Contrato menor de obras do proxecto "Reforma de aforro na iluminación pública no concello de Fornelos de Montes".

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Fornelos de Montes (Tema) (Creador)

Área de control da descrición