ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.827
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Expediente de concesión de terreo en Udra a instancia da Asociación de Cazadores de Bueu para campo de tiro deportivo. Solicitude (1982)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36004.AM.BUE.2.GF001.F0005.SF050.S0387.239/66

  • Título Expediente de concesión de terreo en Udra a instancia da Asociación de Cazadores de Bueu para campo de tiro deportivo. Solicitude (1982)

  • Data(s) 1982 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente, 5 follas

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Bueu(1836-2024) O concello de Bueu enclávase na marxe dereita da península do Morrazo. Pertence xeograficamente á comarca do mesmo nome xunto cos concellos lindantes de Cangas, Marín e Moaña e mailo de Vilaboa; xudicialmente intégrase no Partido de Marín logo da súa recente creación. Conta cun total de 53 entidades de poboación dispersas en catro parroquias: San Martiño de Bueu, Santa María de Cela, Santiago de Hermelo e Santa María de Beluso co seu anexo de A Illa de Ons (San Xaquín), nas que residen uns doce mil douscentos habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían da xurisdicción de Cangas con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegan a existir os de Cela, Bueu, Beluso e Hío ata a definitiva proposta de 1836 pola que xorde o concello de Bueu, dentro do partido xudicial de Pontevedra, formado daquela por seis parroquias, entre as que se atopaban as de Aldán e Hío. Na evolución posterior este concello sufrirá a segregación das parroquias de Aldán e Hío, logo de moitos intentos efectiva en 1873. Por outra parte incorpora ó seu territorio as illas Ons e Onza en 1844.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Bueu

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Petición de concesión para levar a cabo a instalación dun campo de tiro deportivo en Cabo Udra, realizada por Tomás Verdejo Gaggero, como representante da Asociación de Cazadores de Bueu. Desfavorable.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición