ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.404
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Fondos

Expediente de permuta duns terreos en Laxes de Antonio Ferreira a instancia da Cultural Deportiva Beluso para acceso definitivo ao campo de fútbol municipal de Cabalo

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36004.AM.BUE.2.GF001.F0005.SF053.S0406.245/10

  • Título Expediente de permuta duns terreos en Laxes de Antonio Ferreira a instancia da Cultural Deportiva Beluso para acceso definitivo ao campo de fútbol municipal de Cabalo

  • Data(s) 1989 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente, 14 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente de permuta de terreos en "Laxes" para lograr un acceso definitivo para o campo de fútbol municipal de Cabalo (Beluso) a proposta da Cultural Deportiva Beluso, entre Concello de Bueu e Antonio Ferreira Fernández. Aprobada en sesión plenaria de 11 de marzo de 1989. Antecedentes: compra de terreo para campo de fútbol: Concello Pleno en sesión extraordinaria do 27 de outubro de 1986 a María Aurelia Mundín Iglesias de 12.000 m2 por sete millóns de pesetas. Acordo posterior do 7 de marzo de 1987 modificatorio das partidas de gasto que non afecta ó principal. Consta mandamento de pagamento e certificación plenaria dos terreos en 30 de abril de 1987 (sig. 1.855/1) Consta copia simple notarial de compra do terreo a María Aurelia Mundín Iglesias de 11.311 m2 de superficie por sete millón de pesetas. Notaría de don Pedro Riol López en 1 de abril de 1987. Número 698 de protocolo. (Sig. 486/4)

Área de notas

  • Nota

Área de control da descrición